Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | Soporte | Glosario


Glosario de termos


ADSL
Asymmetric Digital Subscriber Line, Liña Dixital Asimétrica de Subscritor: sistema de transmisión de datos que, baseándose na liña telefónica normal, convírtea nunha liña de alta velocidade. Permite adicar a cada usuario o seu propio ancho de banda.

Autenticación
Ferramenta que serve para garantir a integridade dos datos e a autenticidade da súa orixe, á hora de acceder a un recurso de Rede ou realizar unha transacción e evitar fraudes. Pódese facer de xeito simple, por exemplo mediante contrasinais, ou complexa, coa axuda de identificadores dixitais como firma electrónica.

B2E
(Business to employer). Aplicación práctica das TIC dentro da empresa: trátase de proporcionar servicios ós empregados a través dunha intranet. Ofréceselle o acceso á información empresarial de utilidade, como a xestión das vacacións, nómina, etc, incluindo as vantaxes de traballar nesa compañía

Banner
Gráfico publicitario inserido nunha web e que invita a quen o ve a presionalo. É un enlace á información que quere o anunciante.Na maioría dos casos, remite ó internauta á web do anunciante, co que ademais de saber que existe unha web, accede a ela.

Boletín de noticias
(Newsletter). Boletín electrónico de información que se envía por correo electrónico ós internautas, tendo vantaxes para os seus patrocinadores.

Cable (rede de)
Rede de cable de fibra óptica: rede de telecomunicacións de alta velocidade, baseada na tecnoloxía de fibra óptica, que posibilita a transmisión totalmente integrada e segura de señales de voz, datos, imaxes e vídeo de forma simultánea, con unha calidade e velocidade moi superior á que se pode obter a través de outros soportes.

Conxestion
O envío de demasiada información a un servidor pode producir unha conxestión ou atasco ó sobrepasar a capacidade dunha liña de comunicación de datos.

Cookie
Pequeno arquivo que un servidor pode introducir no ordenador do usuario para coñecer o seu comportamento.Cando este visita unha web que contén cookiese deixa información (como por exemplo o seu nome, data de nacemento, afeccións, productos que viu ou mercou, etc.), rexístrase unha cookie e almacénase no navegador. Na próxima visita, o navegador envía a cookieó servidor, que procesa a información, por exemplo, para amosarlle ó internauta páxinas persoalizadas

Custo por mil impresions
A unidade de venda que se emprega na publicidade on line é o Custo Por Mil impresións (CPM). O CPM depende do volume de contratación e do medio, pero pode situarse entre os 15 e os 35 euros.

E-mailing
Emprego do correo electrónico para o envío de mensaxes publicitarias.

FAQ
(Fecuently Asked Questions). Apartado dunha páxina web onde se recompilan as preguntas máis habituais dos internautas sobre os temas e servicios desa web, xunto ás súas correspondentes respostas. Deste xeito, evítase responder sempre as mesmas cuestións que formulan os usuarios. Ó mesmo tempo, é un bo lugar para proporcionar a información máis importante sobre a web/empresa.

Foro
Páxina web onde os internautas colocan preguntas e respostas, mediante un formulario, sobre diferentes temas. Cada tema contén a mensaxe orixinal, cun título e unha descrición do asunto. As respostas á mensaxe orixinal fanse na liña seguinte a esta. Polo xeral, para intervir nun foro, o internauta ten que rexistrase

GPRS
General Packet Radio Service: nova tecnoloxía para a transmisión de datos dende os móbiles. Así, mentres que que no GSM a velocidade de transmision está limitada a 9,6 kbits/s, co GPRS obteñense velocidades ata catro veces maiores.

Grupo de noticias
(Newsgroups) É un taboleiro de mensaxes (noticias) público expostas nun servidor arredor dun tema. O nome de cada grupo está formado por unha serie de termos separados por un punto, e o termo máis á esquerda indica un tema máis xeral (exemplo: grupo es.ciencia.marketing onde o "es" define que é un grupo de discusión español, "ciencia" a disciplina, e “marketing" o tema concreto. A diferencia das listas de correo, o cliente vai buscar as mensaxes ó servidor voluntariamente, mentres que nas listas as mensaxes chegan ó receptor ó ler o correo.

Hosting
Reserva dun espacio para unha ou máis páxinas web nun servidor web determinado, conectado directamente a Internet as 24 horas do día. Este servidor permite que os sitios e os servicios Internet dos seus clientes estean dispoñibles para todo o mundo durante todo o contrato anual.

Housing
Reserva do aloxamento, conexión á Rede e administración de equipos informáticos nun servidor adicado totalmente a unha web. É o habitual para facer comercio electrónico coas garantías de seguridade e velocidade precisas.

HTML
(Hypertext Markup Language, linguaxe de marcado de hipertexto). Linguaxe informática para crear documentos para a World Wide Web, é dicir, para desenvolver páxinas web. A través dunha serie de etiquetas ou instruccións estructúrase o contido dunha páxina web e inclúense os enlaces a outras páxinas. Mediante estas marcas especiais indícaselle ó programa navegador como se ten que facer a visualización

Impacto (Hit)
Descarga de calquera arquivo (gráficos, audio, texto, etc.) dunha páxina web. O servidor realiza un hit por cada lectura dos arquivos da nosa páxina, é dicir, se hai cinco imaxes acompañando a un texto, o servidor contará seis hits. Un hit non é unha visita real; o número de hits por minuto só mide a actividade dun servidor web, por iso a publicidade págase polas visitas á web, non polo número de hits.

Indexar
Rexistrar, catalogar e ordenar documentos html (páxinas web) para crear un índice mediante o cal se poidan realizar buscas sobre ditos documentos. Por exemplo, un buscador como Google ten máis de 1.000 millóns de páxinas “indexadas”; isto é, crea a súa propia base de datos e ordéaa segundo o seu criterio. As buscas que faigamos nese buscador faranse sobre a base de datos almacenada nel, non sobre os datos reais.

Interface
Parte do dispositivo co que o visitante dunha web interactúa ou se comunica co programa. Trátase dun conxunto de arquivos html e imaxes a través dos cales o usuario pode navegar pola páxina web. O interface fai a páxina máis atractiva ós ollos dos internautas, segundo o seu deseño, cores e tema en común

Interstitial
Este formato amosa un patrocinio en exclusiva na transición dunha páxina á seguinte. O anuncio desaparece unha vez que se carga a páxina pedida. A súa duración aproximada é de 6 segundos.

Intranet
Unha intranet é unha rede virtual privada (de uso interno), que permite a unha empresa ou entidade organizar e compartir información entre un grupo reducido de usuarios. De xeito máis técnico, poderíamos definila como unha organización de aprendizaxe, que permite a integración de xente, procesos, procedementos e principios en prol da efectividade dunha organización.

Lista de correo
Sistema empregado para redistribuír mensaxes dun grupo de persoas dadas de alta nunha lista e interesadas nun tema. O obxectivo: intercambiar información e crear debate, servindo de nexo ós seus suscritores. As mensaxes envíanse automaticamente ó enderezo electrónico da lista e o servidor da lista reenvíallas a todos os membros.

Lista de discusión
A diferencia do foro, coa lista de discusión a información chega directamente ó internauta integrado na lista a través do seu correo electrónico. Serve para debatir temas de interese común para un grupo de usuarios, ou para organizar grupos de traballo pechados

Mapa Web
(Webmap). Representación xerárquica das seccións e contidos dunha sitio web. Pode ser unha forma rápida e eficiente de atopar o que buscamos. Serve de orientación na navegación para os internautas, posto que nunha soa páxina pódese visualizar o organigrama das seccións seguindo unha estructura xerárquica. Algúns mapas web explican brevemente os contidos da páxina

Marcador ou "Favoritos" (Book Mark)
Ficheiro do navegador onde podemos almacenar as dirección das nosas páxinas web favoritas para visitalas cando queiramos. Pódese facer agregando a web escollida ó noso arquivo de sitios favoritos na barra do navegador.

Market place
Mercado virtual entre empresas (B2B-business to business) onde se poñen en contacto compradores e vendedores para intercambiar bens e servicios.

Marketing one to one
(Marketing persoalizado).Tipo de publicidade en Internet consistente en persoalizar a mensaxe publicitaria en función do visitante, isto é, o cliente vese como un individuo e non como parte dun segmento do mercado. Un sistema de xestión de Base de Datos avanzado é o que permite o seguimento de cada cliente de xeito individual.

Metaetiqueta (Meta tag)
Etiqueta especial de código HTML que dá información sobre a web. Adoita incluír o título da páxina, a descrición dos seus contidos e as súas palabras clave. Os motores de busca baséanse nesta información para asignar a categoría e a posición da web respecto a outras páxinas

Módem
Dispositivo que conecta PCs empregando unha liña telefónica. Transforma un sinal dixital en analóxico, e viceversa.

Pasarela de pagos
Sistema proporcionado por unha entidade financeira a unha tenda virtual para xestionar os seus cobros en liña con tarxetas de crédito e débito. Mediante a pasarela procésanse e autorízanse as transaccións do comerciante. Tamén se lle chama TPV Virtual, xa que ten a mesma función que os terminais punto de venda situados nos establecementos comerciais tradicionais.

Permission Marketing
Estratexia de promoción en Internet que emprega a autorización expresa dun usuario para enviar comunicacións comerciais por correo electrónico. O cliente pode abandonar esta autorización cando o desexe.

Pop Up/Under
Son ventás non abertas polo usuario que aparecen ó acceder a unha páxina. O usuario pode pechalas. Se aparecen cando cerramos unha páxina chámanse Pop Under

Portal
Web que ofrece varios servicios, entre os máis comúns: un buscador, servicio e correo, servicio de noticias, foro web e tenda. Existen portais xerais ou horizontais e específicos ou verticais, con información especializada para un determinado target. Moitas veces, un portal é a portada dun grupo de webs individuais que comparten a mesma temática, co que funciona como un "trampolín" cara cada sitio particular.

Protocolo de seguridade
Sistema de comunicacións que permite xestionar dun xeito seguro as transaccións en liña da Rede, sen risco de que outros teñan acceso á información. Esixe a figura dunha institución con prestixio encargada de autentificar as partes que realizan as transaccións. Existen varios tipos de protocolo de seguridade, os máis empregados son: o SSL (Secure Sockets Layer o Plataforma de Transmisión Segura amplamente utilizado na web) e o Protocolo SET (Secure Electronic Transaction o Transacción Electrónica Segura, para transaccións financieiras).

RDSI
Rede Dixital de Servicios Integrados: é unha evolución das liñas de cobre analóxicas. Ó modular o sinal dixitalmente obtense unha trasmisión máis eficiente. Acada velocidades de 64 kbits por segundo. As liñas RDSI dispoñen de canles de comunicación independentes, que poden empregar para voz e datos, polo que se pode usar o teléfono mentres se navega.

Rede de cable de fibra óptica
Rede de telecomunicacións de alta velocidade, baseada na tecnoloxía de fibra óptica, que posibilita a transmisión totalmente integrada e segura de sinais de voz, datos, imaxes e vídeo de forma simultánea, cunha calidade e velocidade superior á que se pode obter a través doutros soportes

Rich media
Forma de comunicación que incorpora animación, son e vídeo, a fin de incentivar e mellorar a interacción entre os usuarios e o contido on line. Pode ser utilizado en combinación con tecnoloxías como streaming media, son, flash e linguaxes de programación como Java, Javascript e DHMTL. É frecuentemente usada para contidos publicitarios

Ruta (path)
Ubicación dun ficheiro ou carpeta dentro do disco dun ordenador. Componse dunha serie de nomes de directorio que se separan por barras e un nome de ficheiro. Utilízase para localizar o enderezo ou o subdirectorio onde se atopa ese ficheiro, do mesmo xeito que localizamos un piso a través dun enderezo postal

URL
Uniform Resource Locator, Localizador Uniforme de Recurso). Esquema de enderezos de Internet que permite localizar recursos na Rede. Por exemplo, na seguinte dirección: www.e-negociogalicia.com, todo o conxunto sería a URL. "http" indica o nome do protocolo; "www.e-negociogalicia.com" o nome do servidor; "soporte" o directorio; "tenda" o subdirectorio e "index" o nome do arquivo

Visibilidade
Facilidade coa que os potenciais internautas poden atopar unha páxina (URL) entre a multitude de sitios da Rede. (por exemplo, www.culturagalega.org é unha páxina con boa visibilidade).

Visita
Secuencia ininterrumpida de páxinas consultadas por un usuario nun enderezo web. Se o usuario non realiza novas consultas nun período de tempo predeterminado, a seguinte consulta constituirá o principio dunha nova visita

Webmaster
Persoa que crea, deseña, organiza e xestiona o contido dunha páxina web (palabras e imaxes) e que, nalgúns casos, tamén se encarga de administrar o servidor e os aspectos técnicos de programación dunha web. En resume, un webmaster é o responsable que vela polo funcionamento global dun sitio web.

 
Soporte

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión