Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
Español
Inicio | Soporte 


Soporte e Asesoramento

Unha das áreas de especial importancia encadrada no proxecto e-MINDER foi a área de Soporte.

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico tivo como vocación de servicio o impulso deste área, adicada ás PEMES e provedores de novas tecnoloxías. A vontade desta sección foi poñer en contacto necesidades con solucións, é dicir, empresas e iniciativas de comercio electrónico cos provedores destes servicios en Galicia.

Dende o Centro de Competencias pretendemos que esta ferramenta fose o un puntode partida para que as PEMES tradicionais galegas, moitas delas con inquedanzas e ideas cara ás novas tecnoloxías e ó negocio electrónico, para atopar resposta e asesoramento sobre como materializar as súas iniciativas relacionadas co comercio electrónico.

Esta ferramenta ten dúas partes fundamentais: unha adicada ás PEMES tradicionais galegas e outra para as empresas provedoras de servicios TIC.

1. Avaliación PEMES: atenderonse as consultas para PEMES tradicionais. O labor do a área de soporte nesta parte foi a de analizar as consultas das pemes e contactar posteriormente con elas para dar resposta as súas  dúbidas sobre comercio electrónico ou sobre adopción de novas tecnoloxías ós procesos de negocio.

2. Alta provedores TIC: As empresas proveedoras de servicios que se deron de alta pasaron a formar parte dunha Base de Datos do Centro de Competencias que se empregou de cara as PEMES tradicionais galegas para contratar os servicios de provedores de servicios de Internet, comercio electrónico e novas tecnoloxías.

As consultas que se realizaron mediantes estes formularios atoparon cumplida resposta. Así mesmo, foron benvidos os comentarios e suxerencias sobre esta iniciativa de soporte do Centro de Competencias en Comercio Electrónico.

As PEMES tamén tiveron á súa disposición un ederezo de correo electrónico para o área soporte@e-negociogalicia.com.
 
Soporte


[Guías de comercio-e]

[Proxecto QualyTic]

[Axudas e subvencións]

[Glosario de termos]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión