|
O posicionamento nos buscadores ou como promocionarse na Rede
|
|
|
|
|
O posicionamento en buscadores e directorios é básico para a promoción da web da empresa, dos seus productos e servicios, xa que os internautas que buscan unha web cun contido concreto son potenciais usuarios ou clientes desa web.
Segundo a V Enquisa da Asociación para a Investigación de Medios de Comunicación (AIMC) a usuarios de Internet de Outubro-Decembro 2002, o 92% dos internautas utilizan os buscadores para atopar información, o 64 % só consultan a primeira páxina de resultados e só o 10 % chega ata a terceira páxina, por iso ten tanta importancia aparecer nos primeiros postos dos buscadores.
Os usuarios soen centrarse na primeira páxina, poucos van máis alá, xa que prefiren cambiar as palabras utilizadas na busca para ir afinando os resultados. Se non estás nos buscadores “non existes na Rede”, salvo que contes con orzamentos para promocionarte a través de campañas on e off line. Para conseguilo, é importante coñecer as regras de posicionamento nos principais buscadores, sobre todo Google, Yahoo, MSN, Terra ou Altavista, e usar palabras clave no contido da web (en formato texto) relacionadas co noso obxectivo na Rede. Hai que evitar palabras xenéricas, xa que a competencia con outras páxinas web para aparecer nos primeiros postos dos resultados das buscas sería maior. Tamén é importante dispoñer de estatísticas que nos faciliten dende que buscadores chegaron os visitantes e, sobre todo, as palabras empregadas nas súas buscas, o que nos permitirá ir afinando as palabras a utilizar nos contidos da web e na descrición das meta tags.
Se descoñecemos como funcionan os buscadores podemos contratar os servicios dunha empresa ou directamente contratar con algún buscador. Google dispón do servicio "AdWords" onde o cliente elixe as palabras clave que farán que aparezca o anuncio da súa web xunto á primeira páxina dos resultados dunha busca que inclúa algunha desas palabras. Só se paga polos “clics” feitos sobre o anuncio. A día de hoxe, Google é o buscador máis eficaz e completo, con máis de 1.000 millóns de páxinas indexadas. É moi importante o número de vínculos que unha páxina ten noutras páxinas, sobre todo en webs importantes que teñen un ranking alto nos buscadores. Para descubrir os vínculos á paxina inicial dunha web, introduciremos no buscador de Google o seu link, por exemplo www.e-negociogalicia.com.
Banners [?] e publicidade en Internet
Actualmente, os banners [?] son o formato máis empregado en Internet como soporte da publicidade nos sitios web. Hai tempo que se cuestiona a súa efectividade, polo que contratar unha campaña nunha web ten un custo mínimo, e os ingresos que xera na web son case ridículos. O motivo é que o banner [?] é medible, podemos saber canta xente fai pincha nos banners [?], e os ratios actuais de click through non adoitan chegar ó 1% dos visitantes dunha web. Vincular o banner [?] co tráfico que xera fainos esquecer que se trata dun anuncio máis, que tamén transmite unha mensaxe e que o usuario obsérvao aínda que só sexa un par de segundos. Por iso é importante que a mensaxe se transmita claramente desde o primeiro momento e evitar banners [?] que necesiten ir rotando para amosar algo. O mellor é deixar claro o que ofreces cunha soa ollada. O banner [?] máis extendido é o banner [?] que se coloca na parte superior da web (468x60 píxels) e os botóns laterais cadrados (125x125 píxels), aínda que a súa baixa eficacia fixo que continuamente se estea experimentando con novos formatos como as ventás emerxentes, pop ups, intersticiais ou desplegables. Como proba de que un banner [?] pode ser efectivo están os banners [?] de texto de Google que aparecen enriba ou ó lado das buscas. Estes son exemplos de como un banner [?] pode ser recomendable segundo en que sitio web o coloquemos, o seu formato de presentación e a súa posición na páxina. O que non se pode negar ós anuncios na web é a súa función de medio de comunicación para transmitir unha marca. Pensemos por un momento cal é a efectividade dun valado publicitario, ou a dun anuncio inserido nunha páxina dun xornal ou dunha revista. Tal vez debamos pensar no concepto de marketing para sacar rendementos ós anuncios na web. Teñamos claro cal é a nosa mensaxe, cal é o obxectivo da empresa, cal é o perfil dos usuarios ós que queremos dirixirnos e que sitios web visitan, a que horas, que é o que buscan nesas webs, etc. A partir desta información poderemos crear un banner [?] ou un modelo de anuncio para esas webs, de seguro que aumentará a efectividade da nosa mensaxe e o coñecemento da nosa marca, producto ou servicio. Non debemos esquecer que pouco a pouco Internet resta público á televisión, e incluso algúns perfís de clientes son máis fáciles de localizar na Rede.
Manuel Trincado Dirección e Estratexia Web mtrincado@winred.com www.WinRed.com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|