Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | ComparadoresPrezos    


Intermediarios electrónicos

Para vender a través da Rede, é imprescindible coñecer os métodos que empregan os internautas que mercan on line. Moitos deles van directamente as tendas-e que coñecen, pero outros moitos adícanse a buscar información e comparar prezos en Internet antes de facer a compra. Para isto, empregan webs como Froogle e Kelkoo, dúas ferramentas de promoción que unha tenda electrónica non debe perder de vista.

Existen na Rede moitas ferramentas destinadas a axudar ós consumidores on line a facer as súas compras: Totaldeals.com, Getmeadeal.com, Bargaingdog.com... moitas delas con escasa utilización en España. Sen embargo, hai outras como www.kelkoo.com e www.froogle.com que son ferramentas habituais dos compradores españois e que funcionan como intermediarios entre estes e as tendas de comercio electrónico. Unha tenda-e adicada ó negocio cara ó consumidor (B2C) non pode deixar de estar presente nestes buscadores, se quere aproveitar a oportunidade de captar novos clientes.

Kelkoo
Kelkoo e Froogle son dúas ferramentas con fins similares, sen embargo, teñen un funcionamento ben distinto. Kelkoo é un comparador de prezos, isto é, unha páxina web que lista unha serie de productos das tendas que están rexistradas nel e que ofrece ó cliente unha lista de prezos do mesmo producto en distintos comercios. Os servicios que ofrece son:
- Buscador de productos.
- Directorio de tendas on line.
- Ofertas en Internet.
- Consellos de compra na Rede.
Kelkoo ten implantación en nove países europeos.
Para aparecer na lista de tendas desta web, só é necesario enviarlles un e-mail con información sobre o noso negocio on line. Despois, inclúeno na súa lista de tendas de xeito gratuíto.

Froogle
A versión para comercio electrónico de Google é un buscador de productos que se atopan en venda en Internet. Ofrece servicios de buscador e tamén directorio de productos, clasificados por categorías. O rexistro entre as tendas electrónicas é gratuíto e para iso só é necesario encher un formulario na súa web.
Segundo din, Froogle fai diariamente máis de 150 millóns de buscas ó día.
Polo momento, www.froogle.com só está dispoñible nunha versión de probas, que emprega a tecnoloxía do principal buscador da Rede (Google) para atopar información e fotografías dun determinado producto, así como as tendas electrónicas que o venden. A pesar de que está pendente de melloras, Froogle comenza a ser unha referencia na Rede á hora de buscar productos, e prevese que nos próximos anos sexa unha referencia mundial neste servicio

¿Como funciona Froogle.com?

Froogle (www.froogle.com) non vende directamente os productos listados, senón que dirixe ós seus usuarios ata os vendedores on line que oferten o producto buscado. Semella claro, polo tanto, a necesidade de estar presente neste buscador para achegar unha tenda de B2C ata os seus potenciais clientes.
O modelo de negocio de Froogle baséase na publicidade insertada nas súas páxinas de resultados. Non é publicidade mediante banners [?] ou logos, senón con enlaces esponsorizados que aparecen na parte dereita do buscador.
Á hora de listar os productos buscados, esta ferramente localiza as tendas electrónicas e lista as mercadorías por orde de relevancia respecto dos termos da busca, pero non acepta que as empresas paguen por mellorar a súa posición nas listas.

 
Revista


[Anterior :: Turismo galego (II)]

[Seguinte :: Publicidade na Rede]


www.kelkoo.com
www.kelkoo.com
www.froogle.com
www.froogle.com
 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión