Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | AreaSoporte    


Demanda crecente de asesoramento

A función da área de soporte consistiu en asesorar ós empresarios en temas de novas tecnoloxías e a implantación do comercio electrónico ós seus procesos de negocio. Numerosas empresas galegas empregaron este servicio do Centro de Competencias.

Exemplos de iniciativas asesoradas O Centro de Competencias creou en xullo de 2002 a área de soporte e asesoramento co obxectivo de proporcionar unha orientación inicial ás PEMEs galegas interesadas en desenvolver procesos de comercio electrónico. Esta área conta cunha aplicación na web do Centro (www.e-negociogalicia.com) coa que se recollen as dúbidas e consultas sobre comercio electrónico das PEMEs tradicionais e recopilan datos das empresas provedoras de servicios das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC).
A meirande parte das persoas que se teñen posto en contacto coa área de soporte comenzaban amosando a súa vontade de empregar á Rede como unha canle de negocio, para despois presentar as súas dúbidas ó respecto. Nalgúns casos tratáronse cuestións xenéricas respecto de Internet e o comercio electrónico, pero noutros analizáronse cuestións máis concretas e complexas.
En conxunto, as dúbidas e consultas presentadas reflicten unha inquietude no empresariado galego respecto das tecnoloxías concebidas como instrumentos cos que rendibilizar un negocio. Así, pódese afirmar que os empresarios galegos comenzan a percibir a necesidade de que os seus negocios teñan presencia na Rede.

O Proxecto qualytic
Unha das novas liñas de actuación desta área céntrase na realización do proxecto QualyTIC. O obxectivo é axudar ás empresas usuarias na selección do seu provedor de servicios tecnolóxicos. Para dar esta axuda, o instrumento que actualmente se está a elaborar é un sistema de calificación que permite crear un directorio de servicios TIC, que pretende ser un referente empresarial para a demanda do sector.
O proxecto QualyTIC naceu en decembro do 2002 e rematará en decembro do 2003. A súa primeira fase consistiu nunha recollida de información para coñecer as necesidades que as empresas, os cidadáns e a Administración teñen respecto da oferta de servicios tecnolóxicos en Galicia. Como conclusión principal destacouse que os sectores empresariais galegos demandan un centro público de apoio no ámbito tecnolóxico que certifique a calidade das empresas TIC da comunidade.

No proxecto participan o Centro de Competencias en Comercio Electrónico, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e EOSA Consultores, e está financiado polo Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica da Consellería de Innovación, de Industria e Comercio.




DATOS DE SOPORTE



Servicios a PEMEs
Asesoramento ás PEMEs tradicionais que queiran introducirse no comercio electrónico.

Servicios a empresas provedoras tecnolóxicas
Inclusión no directorio empresarial do proxecto QualyTIC, futuro referente para a demanda do sector.

Asesoramento (xullo 2002-xullo 2003)
- Empresas contactadas: 178.
- Iniciativas asesoradas: 44.
- Consultas: 98.

Temas máis consultados
- Axudas e subvencións.
- Cuestións legais.
- Pasarelas de pago.
- Requisitos para facer unha web empresarial.

Algunhas iniciativas asesoradas
www.elpote.es
www.centralespectaculos.com
www.arzuan.com
www.artenosa.com
Compostela monumental
Hierros Teixeira
Comasis
...

Guías publicadas (na web)
-  Guía de B2B.
-  Guía de B2C.
-  Como montar unha tenda de comercio electrónico.


 
Revista


[Anterior :: Comunicación]

[Seguinte :: Observatorio]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión