Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | AreaObservatorio    


Tomando o pulso ó comercio electrónico galego

A área de observatorio do Centro de Competencias desempeñou unha función de brúxula no tocante ó comercio electrónico e as novas tecnoloxías en Galicia. Tratouse de ver as condicións nas que se atopa a PEME galega, pero tamén a situación xeral da sociedad en Galicia.

O observatorio do Centro de Competencias analizou a situación e a evolución do comercio electrónico en Galicia. Mediante a observación e vixilancia das novas tecnoloxías, a incorporación de novas infraestructuras á empresa, e a incidencia de Internet en Galicia -tanto entre empresas como entre cidadáns-, o observatorio puido facer unha diagnose da situación e das expectativas de futuro no que respecta ó comercio electrónico e Internet.
Con este obxectivo, elaboráronse estudios e informes con información útil e estratéxica tanto para a empresa como para a sociedade galega en xeral.

O e-Barómetro
Os informes (do 2002 e do 2003), elaborados sobre estudios do Equipo de Investigacións Políticas e Sociolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), foron publicados polo observatorio do Centro. Estes constituíron os principais instrumentos de análise desta área, permitindo obter un coñecemento preciso da realidade galega no tocante ó comercio-e, tanto dende a perspectiva das empresas como dende a dos cidadáns.
O coñecemento que se foi adquirindo cos e-Barómetros permitiu axustar as accións e os servicios do Centro de Competencias ás necesidades detectadas entre as empresas da comunidade e da sociedade galega.

Outros informes
O observatorio tamén elaborou outros informes e estudios co obxectivo de clarificar o presente e o futuro do comercio-e galego, proporcionando información de utilidade para a toma de decisións estratéxicas.  
Dende unha perspectiva pragmática, estudiáronse temas concretos de interese neste eido como as pasarelas de pago, as vantaxes do comercio electrónico, ou novos mercados para as empresas galegas a través da Rede, como é o composto polos emigrantes galegos.
Dende unha perspectiva máis teórica, fixéronse informes como o Regional ICT and e-commerce report, que analizou a situación do comercio electrónico nas tres rexións que participan no proxecto e-MINDER (Galicia, Chipre e Pomerania), ou a elaboración dunha serie de indicadores comúns de desenvolvemento tecnolóxico na Unión Europea.




DATOS DO OBSERVATORIO



Informe e-Barómetro 2002
Empresas
- Universo: 10.000 empresas.
- Mostra: 557 empresas.
Usuarios
- Mostra: 925 fogares galegos.
- Data das enquisas: xullo do 2002.

Informe e-Barómetro 2003
Empresas
- Universo: 10.000 empresas.
- Mostra: 600 empresas.
Usuarios
- Mostra: 925 fogares galegos.
- Data das enquisas: Marzo-Abril do 2003.

Outros informes
- Regional ICT and e-Commerce Report.
- O mercado da emigración na Rede.
- O mercado virtual galego.

Documentación na web
- Lexislación sobre comercio electrónico (española e europea).
- Enlaces a organismos, a diversa documentación sobre comercio-e
e a iniciativas de negocio on line en Galicia.
- Formulario de consulta a empresas sobre a lexislación do comercio electrónico en Europa.


 
Revista


[Anterior :: Soporte]

[Seguinte:: eBarometro Usuarios 2003]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión