Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | AreaFormacion    


A empresa galega solicitou formación en comercio-e

As actividades formativas que o Centro de Competencias organizou por toda Galicia a través da área de formación confirmou a necesidade e o interese das PEMEs por poñerse ó día en materia de novas tecnoloxías e comercio electrónico. Preto de mil empresarios e persoal de PEMEs asistiron ós eventos formativos e 636 asistiron ós cursos de comercio-e do Centro.

A formación foi un dos eixos centrais das actividades do Centro de Competencias. Dende o principio, ofrecéuselle ás PEMEs a posibilidade de adquirir formación especializada cun amplo programa de conferencias e cursos de comercio electrónico. A resposta do empresariado foi moi positiva: na maioría dos cursos houbo máis demandas de inscricións que prazas dispoñibles. En total, asistiron ós cursos 636 empresarios e persoal de PEMEs e uns 975 ó resto dos eventos. Este “Programa de Formación de Comercio Electrónico para PEMEs", de carácter gratuíto, dirixido a empresarios e persoal de PEMEs galegas comezou en xullo do 2002 e rematou en setembro deste ano, despois de celebrar conferencias e cursos en sete cidades: Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Contidos básicos nos cursos de comercio-e
Os contidos dos cursos foron elaborados e impartidos por profesores da Facultade de Informática da Universidade de A Coruña. O temario centrouse nos contidos básicos do comercio-e, tales como as técnicas de marketing en Internet, as ferramentas de seguridade e de pago, a loxística e a distribución ou os aspectos xurídicos do comercio-e. Tamén se incluían exemplos e estudios de caso de PEMEs que levaron á práctica procesos de negocio-e.
As enquisas realizadas ós alumnos tras a realización destos cursos amosan o interese e a necesidade de formación, tanto básica como avanzada, que reclaman as empresas galegas. Neste sentido, a área de formación puxo en funcionamento unha extranet e un foro [?] para o alumnado dos cursos, onde resolver dúbidas que xurdiron a posteriori e poder  consultar contidos e a diversa documentación sobre comercio electrónico. Ademais, no apartado de formación da web do Centro de Competencias publicouse un titorial con temas básicos sobre o negocio on line.

Outras actividades
Máis alá dos cursos e conferencias do Programa de Formación, o Centro colabora nos cursos para empresarias organizados pola Federación de Empresarias de Galicia (FEGA) e Interdix, que se imparten nunha Aula Virtual Itinerante. De momento, xa se impartiron cursos en Burela, Vigo, Verín e Vilalba. Os últimos cursos están a ser en A Coruña e As Pontes.
Por último, a aprendizaxe do empresariado en comercio-e, Internet e TIC continuou noutras actividades do Centro: coloquios, talleres, conferencias e charlas en asociacións, institucións, etc. ás que asistiron preto de mil persoas.




DATOS DE FORMACION



Eventos Organizados
- Cursos de comercio-e: 36.
- Interesados nos cursos: (inscricións totais): 804.
- Total asistentes ós cursos: 636.
- Eventos (conferencias, charlas, talleres e coloquios): 20 .
- Total asistentes ós eventos: 975.

Extranet dos cursos
CONTIDOS (xuño 2002-xullo 2003):
- Visitas: 2.428.
- Páxinas visitadas: 7.378.
- Descargas: 11.147.
FORO [?] (10-03-03 ó 29-07-03)
- Visitas [?] 1.232.
- Páxinas visitadas 1.301.

Profesorado da UDC
Javier Mosquera Blanco.
Carlos Abalde Reyes.
María Sierra Sánchez.
Dr. Víctor M. Gulías.
Dr. Alberto Valderruten.

Institucións colaboradoras
Centro Multimedia de Galicia, Caixa Galicia, Caixanova, Centro de Innovación e Servicios (CIS-Galicia), Centro de Apoio Científico á Investigación Tecnolóxica (CACTI), Cámaras de Comercio de Lugo, Santiago e Ferrol.


 
Revista


[Anterior :: Resultados eMinder]

[Seguinte :: Área de comunicación]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión