Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio14 | AreaComunicacion    


Un altofalente para o comercio electrónico galego

A área de comunicación encargouse de divulgar información de interese sobre comercio electrónico e as actividades xeradas polo Centro. A web, a revista e-negociogalicia e o boletín electrónico convertéronse en referencia do comercio-e na nosa comunidade.

A área de comunicación do Centro de Competencias tivo por obxectivos promover o comercio-e entre as PEMEs galegas, a elaboración e difusión de contidos sobre esta canle de negocio, a creación dunha entidade corporativa propia e a promoción das actividades do Centro. Os destinatarios da información centráronse sobre todo na comunidade empresarial galega, pero tamén na sociedade en xeral.
Esta área contou con catro instrumentos fundamentais, que se consolidaron como a referencia do comercio electrónico en Galicia.

A revista e-negociogalicia
A revista do Centro, e-negociogalicia, naceu co obxectivo de informar e formar ás PEMEs galegas en comercio electrónico. O primeiro número tirouse en abril do 2002. Publicáronse quince números en galego, cunha distribución mensual gratuíta de 7.000 exemplares que se envían a empresas galegas, institucións e medios de comunicación. A publicación está a ter unha grande demanda e numerosas solicitudes por parte de empresas. Cun carácter divulgativo e sinxelo, e-negociogalicia ofreceu información de proveito en seccións  como “Informes e-Barómetro”, “Iniciativas Galegas” ou “Estudio de caso”. Ademais, contouse coa colaboracións de expertos como Víctor Salgado (lexislación)  ou Manuel Trincado (estratexia web).

A páxina web
A web www.e-negociogalicia.com , referencia obrigada en Galicia sobre comercio-e, é unha canle de diálogo entre o Centro e as empresas e usuarios, que ten contidos e información de calidade sobre o negocio on line. A páxina permite descargar en PDF a revista e-negociogalicia, e facilita a inscrición nos cursos organizados polo Centro, a solicitude da revista e dos boletíns electrónicos. Nos últimos meses, a media de sesións de internautas na web superou ás 9.000 e acadou unha moi boa posición nos buscadores. Ademais, o Centro desenvolveu unha versión en WAP da páxina, á que se pode acceder dende o teléfono móbil.

O boletín electrónico
O luns 14 de abril do 2003 enviouse o primeiro boletín electrónico (newsletter) semanal do Centro, que recolle as principais novas de comercio-e. Entre os seus contidos presenta cada semana a unha PEME galega salientable no eido do e-commerce. Actualmente, o boletín conta con máis de 1.100 subscritores.

A labor de comunicar
O Centro de Competencias, como xerador de información, desenvolveu tamén as actividades propias dun gabinete de comunicación, encamiñadas á relación cos medios galegos e nacionais, a través de notas de prensa, roldas de prensa ou e-mailings [?].  O gabinete é un difusor das actividades realizadas polo Centro, dende a organización de cursos ata os informes derivados do proxecto e-MINDER.
Durante pouco máis dun ano de actividade, conseguíronse máis de 100.000 impactos efectivos de comunicación (aproximadamente).




DATOS AREA DE COMUNICACION



Revista e-negociogalicia
- 15 números (mensual).
- Tirada: 7.000 exemplares ó mes.
- 105.000 exemplares distribuidos.

Web www.e-negociogalicia.com
- Sesións totais da web: 87.338.
- Descargas da revista dende a web: 19.293.
- Número de noticias publicadas: arredor de 1.000.
- Descargas de documentos dende a web: 35.774.
- Total de hits: 1.042.233.
- Total páxinas vistas: 648.512.
(*período abril 2002 - setembro 2003).

Boletíns electrónicos
- Semanal dende o 14 de abril.
- 1.100 subscritores (aprox.).

Gabinete de Comunicación
- Trípticos divulgativos: 4.
- Copias difundidas dos trípticos: 10.100.
- Roldas de prensa: 9.
- E-mailings [?] promocionais: 21.
- Iniciativas galegas de comercio-e difundidas: 103.


 
Revista


[Anterior :: Formación]

[Anterior :: Soporte]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión