Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio12 | Novas    


Novas de comercio-e

Unha nova tarxeta de prepago asegura as pequenas transaccións na Rede

A firma Morso vén de lanzar unha tarxeta de prepago que permite pagar pequenas cantidades.
As tarxetas -hainas de ata 20 euros- pódense adquirir en kioscos, estancos, etc.
Á hora de pagar, a web onde se realiza a transacción debe admitir Morso (sistema de pago Morsopay). Logo, o usuario ten que teclear unha clave que incorpora a tarxeta. Esta clave non proporciona ningún dato do usuario, polo que se garante o anonimato e a seguridade da transacción, ademais de ser unha operación moi sinxela.
Por último, o cliente recibe a compra, e o seu importe descóntase da tarxeta, ata agotar o importe total desta. Deste xeito, o cliente non precisa ter conta bancaria nin tarxeta de crédito para mercar on line. Para acceder ó saldo en calquera momento só hai que visitar a web de www.morsopay.com.
Por agora, a meirande parte das páxinas afiliadas a Morso son de descarga de logos, cancións, vídeos... pero é unha ferramenta moi válida para vender outros productos de pouco custo como, por exemplo, artigos de xornais, notas de prensa ou informes. A empresa que comercializa a tarxeta xa ten acordos de colaboración con Ya.com e Wanadoo.



Galifoca: a web ó servicio do negocio


Os beneficios que Internet reporta a unha empresa non se reducen ás vendas do comercio electrónico cara ó consumidor. Galifoca, empresa do sector da fontanería, calefacción e gas canalizado, emprega a Rede para relacionarse cos seus clientes, cos seus provedores e cos seus propios axentes distribuidos pola comunidade.

Galifoca é unha empresa de productos de fontanería, calefacción e gas canalizado. A súa web, www.galifoca.es, non culmina o proceso completo do comercio-e, ó non pechar as transaccións on line. Sen embargo, a utilización que fai da Rede reporta vantaxes importantes para a empresa nos seus procesos de negocio.
Galifoca.es, que foi desenvolvida pola empresa Comasis, é unha canle de relación entre a empresa e os seus clientes. Aínda que a páxina carece de pasarela de pagos [?], os clientes rexistrados na web poden facer pedidos a través da web. Tamén poden consultar artigos, lexislación, consellos e outras informacións de interese sobre o sector.
Esta empresa coruñesa relaciónase tamén cos seus provedores a través da Rede. Isto débese non só á propia iniciativa da compañía, que está a apostar polas novas tecnoloxías, senón tamén ós seus provedores, como Roca, que cada vez están a empregar máis Internet para reducir custos na tramitación de pedidos, presentación de ofertas, etc.
A compañía tamén emprega Internet para a súa propia xestión interna. Galifoca ten a súa sede en A Coruña, pero conta con delegacións en Carballo, Santiago e Ourense, e con comerciais en Lugo, Pontevedra, Oviedo e León. Os axentes comerciais da empresa dispoñen dun ordenador portátil co que en todo momento, a través da Rede, poden estar en contacto coa sede central, para tramitar pedidos, comprobar productos, etc, e todo en tempo real.
Segundo o responsable de administración de Galifoca, Manuel Porteiro, a compañía continuará incorporando as novas tecnloxías ós seus procesos de negocio. A velocidade na integración destas tecnoloxías dependerá tamén da súa aceptación por parte dos clientes e provedores. “A comunicación é asunto de dous”, di Manuel Porteiro.
www.galifoca.es




160 negocios da Praza de Abastos de Santiago venderán en Internet

O escaparate virtual da Praza de Abastos de Compostela www.mercadodeabastosdesantiago.com foi presentado oficialmente o pasado 16 de xuño. Este mercado tradicional acolle a 160 dos 190 establecementos habituais do mercado.


A través da web podemos acceder a información e mercar os productos das tendas da Praza, nun apartado específico para o comercio electrónico no que se poden percorrer virtualmente os establecementos, divididos por sectores: peixes e mariscos, carnes, polo e ovos, etc. Pódese elexir horario de entrega a domicilio.
Máis adiante, ademais dos composteláns, tamén poderán acceder á compra persoas doutros países.
A cooperativa responsable deste servicio quere que nun futuro a web se convirta nun portal [?] que agrupe as páxinas web desenvolvidas pola súa conta cada establecemento.

www.mercadodeabastosdesantiago.com




Cofaga incorpora un novo sistema de pedidos on line na súa web


O portal [?] da Cooperativa Farmacéutica Galega (Cofaga) nace a finais do 2001, e dende o principio contou cun servicio de consulta on line dos seus catálogos. A web conta con máis de 23.000 referencias sobre os seus productos. Outros servicios que proporciona son as alertas farmacéuticas, as circulares da empresa, a actualización periódica das bases de datos dos programas das farmacias e a información variada sobre as actividades desta cooperativa. COFAGA ten arredor de 600 socios e un nivel de visitas [?] en constante crecemento. Moitas destas visitas [?] veñen doutros paises, como EEUU, China e Corea.
Recentemente, o portal [?] desta cooperativa ubicada en Santiago incorporou un sistema de pedidos on line, co que pretende aumentar a interactividade da web e facilitar ós seus socios as transaccións, que ata agora se realizan por teléfono.

www.cofaga.org


 
Revista


[Anterior :: Entrevista]

[Seguinte :: Novas Centro de Competencias]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión