|
Conceptos básicos da protección de datos persoais: a LOPD
|
|
|
|
|
A enorme capacidade de tratamento e transmisión da información que ofrecen as novas tecnoloxías fai necesario protexer os dereitos fundamentais do individuo ante o seu posible uso abusivo, en concreto: o dereito ó honor, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, tal e como se recoñece no artigo 18, apartado 4, da nosa Constitución. Debido a iso, xorde diversa normativa internacional, europea e española que se denomina xenericamente como de "Protección de Datos", e que culmina no noso país coa adopción da LOPD. LOPD son as siglas abreviadas da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal. Esta Lei fundamentalmente ten o obxectivo de protexer ás persoas físicas con respecto ó tratamento que se poida realizar dos seus datos propios por distintos suxeitos, xa sexan públicos ou privados. Dita regulación pretende, fundamentalmente, establecer un control sobre quen ten esos datos, para que os usa, e a quen e como os cede. Para iso, impón unha serie de obrigas ós responsables desos ficheiros de datos, como son as de recabar o consentimento dos titulares dos datos para poder tratalos, comunicar a un rexistro especial a existencia e finalidade da base de datos, así como manter unhas medidas de seguridade mínimas, en función do tipo de datos recollidos. Por outra banda, a LOPD recoñece unha serie de dereitos ó individuo sobre os seus datos, como son os de información, acceso, rectificación e, incluso, de cancelación en determinados supostos. Finalmente, desígnase a unha entidade, a Axencia de Protección de Datos, como órgano administrativo. Esta encárgase de facer cumprir a LOPD e os seus regramentos, podendo inspeccionar e impoñer fortes sancións a aqueles suxeitos que non cumpran con ela. As sancións poden ser de 600 a 60.000 euros por unha infracción leve, de 60.000 a 300.000, por unha grave, ou de 300.000 a 600.000 euros, por unha moi grave. Tendo en conta que os mínimos de cada tramo se aplican sempre, incluso a unha PEME ou a un autónomo, cabe considerar ditas sancións enormemente gravosas e que convirten esta materia nunha das que xeran maior preocupación ó empresario na actualidade.
Víctor Salgado Seguín, Pintos & Salgado Abogados vsalgado@pintos-salgado.com, www.pintos-salgado.com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|