Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio12 | FeiraVirtual    



Refrescos máis fríos para o calor do verán

¿Gústalle tomar os refrescos fríos? ¿Vai de vacacións? ¿Vai ó campo? ¿É vostede taxista? Estas son algunhas das preguntas que fan nesta web onde venden “un pequeno invento para facerlle a vida máis agradable”. Este práctico obxecto, feito de poliestireno e reciclable, conserva as latas de refresco frías tras sacalas da neveira durante horas. Por 8 euros podemos adquirir un paquete con seis “tingloops” (modelo e marca patentados) e telos á man para facer máis agradable a época estival.
www.tingloop.com


www.miprimerdia.com
www.miprimerdia.com

¿Que regalarlle a un meniño recén nacido?

Un regalo para o bebé no seu primeiro día de vida. Unha web especialmente ideada para que cando o neno medre poida imaxinar o que ocurriu o día do seu nacemento. Entre outros agasallos, a “Caixa o meu primeiro día” inclúe unha caixiña para meter os primeiros dentes e o primeiro corte de pelo, xornais e revistas dese día, unha cinta de vídeo de benvida, un cd con cancións infantís e unha carta de benvida da persoa que llo regala. Na web venden ademais outros regalos persoalizados para aniversarios, bautizos e outros eventos e ofrecen servicios para empresas.
www.miprimerdia.com


www.libreriagarmar.com
www.libreriagarmar.com

Soldadiños de chumbo de tódalas épocas

Os coleccionistas de soldadiños de chumbo están de noraboa. Nesta tenda virtual atoparán un enorme catálogo de exércitos de tódalas épocas. Soldados da antigüidade, da idade media, da Grecia mitolóxica, da época Carlista ou do exército napoleónico, ata chegar ó actual exército español constitúen a oferta desta e-tenda. A librería Garmar de Madrid, especializada en aeronáutica, defensa, guerra e material de voo, entre outros temas, é a propietaria desta páxina web.
www.libreriagarmar.com


 
Revista


[Anterior :: Iniciativas galegas na Rede]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión