|
“O crecemento do comercio electrónico en España foi espectacular”
|
|
|
|
|
|
Entrevista ó presidente de AECE, Fernando Pardo
A Asociación Española de Comercio Electrónico (AECE) naceu en 1998 co obxectivo de fomentar o comercio electrónico en España. A AECE actúa ante os organismos europeos e a Administración española para conseguir unha lexislación que aumente a seguridade do sector. O seu presidente, Fernando Pardo, valora o presente e o futuro do comercio electrónico.
Pregunta: ¿Cal é a situación do comercio electrónico en España? Resposta: Durante o ano 2002 o comercio electrónico en España cara o consumidor final (B2C) acadou un volume de negocio de 1.170 millóns de euros, cifra que representa un aumento do máis do dobre respecto do volume de vendas do 2001.
P: ¿Cales son as perspectivas de futuro para o comercio electrónico? R: A penetración de Internet en España pode estimarse que está arredor do 30%. O crecemento do número de internautas está recuperándose dende finais do 2002. Aínda que hai que dicir que España segue na cola dos países europeos e quédanos moito camiño por percorrer.
P: ¿Que obstáculos están a frear a integración do comercio electrónico nas PEMES? R: En España evidénciase unha falla de iniciativa das empresas, que para pensar na oferta de servicios de comercio electrónico esperan a que llo soliciten os seus clientes ou os seus provedores. Tal é así, que no tocante ó comercio electrónico entre empresas (B2B) son os provedores e os clientes os factores que máis contribúen á súa implantación nunha empresa. Tamén son importantes o descoñecemento das vantaxes e dos beneficios que a implantación do comercio electrónico pode ofrecerlles ás empresas.
P: ¿Dende o punto de vista das PEMEs que teñen proxectos de comercio electrónico, ¿como valorades a LSSI? R: A LSSI achegou un marco de maior seguridade para os consumidores electrónicos. Deste xeito, os consumidores teñen unha maior confianza cos productos que se compran a través da Rede.
P: ¿Que pode aportar a unha PEME a factura dixital? R: A facturación dixital pode significarlles ás empresas un aforro de custos moi importante, aínda que todo depende do seu proceso de implantación.
P: ¿E a sinatura dixital? R: A sinatura dixital é unha forma de comunicación segura en canto ó contido das mensaxes e das partes que interveñen.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|