 |
Winred
|
Winred, asesoramento sobre Internet para empresas
Manuel Trincado puxo en marcha en 1999 unha web na que ofrecer información sobre o mundo da empresa en Internet. A páxina, www.winred.com, analiza as posibilidades da Rede para a empresa, en especial no que se refire a estratexia, marketing e innovación. Para iso, Trincado conta no seu proxecto con cinco expertos en diferentes áreas (recursos humanos, finanzas, desenvolvemento de proxectos, marketing,...). O obxectivo: mellorar os procesos de negocio, facilitando o aforro de custes e de tempo e aumentar a rendabilidade das empresas. Nesta primeira etapa, Winred constitúese coma un centro de coñecemento, que ofrece información e servicios especializados de xeito gratuíto. Actualmente, este tipo de servicios están consolidados e, por iso, segundo Manuel Trincado, "o proxecto está a piques de iniciar a súa segunda fase", isto é, "constituír winred.com nun centro de negocios e de consultoría a través de servicios de pago, nunha ferramenta de comunicación para abordar cuestións formuladas polos clientes".
O mercado de Winred é sobre todo español, xa que a maioría da información que contén versa sobre empresas españolas. Se a mediados do 2001 o 37% dos usuarios eran españois, hoxe constitúen o 50%. Pero Winred conta tamén con clientes de países de fala hispana, sobre todo Sudamérica, e dos EE.UU. O último ano consultaron a web medio millón de clientes, cuns 4 millóns de páxinas visitadas. Winred.com intégrase en WinRed Network, marca xestionada pola sociedade Gabinete Informático de Galicia, S.L., que foi fundada en 1996 con capital galego para o desenvolvemento de proxectos empresariais relacionados con Internet.
www.winred.com
 |
Almacenes Martínez
|
A tradición aposta pola Rede: Almacenes Martínez
Almacenes Martínez, empresa creada en Lugo no ano 1928, posúe unha longa tradición na venda de artigos relixiosos. Nun principio, adicouse á confección de prendas para os oficios relixiosos dos sacerdotes, pero nos anos 60 ampliaron a producción á orfebrería relixiosa, mobles, crucifixos, cálices, confesionarios, etc. No ano 2000, os responsables da empresa compraron o dominio www.almacenesmartinez.com, movidos, segundo o seu xerente, Julián Mayor, "pola necesidade de concorrer en tódolos medios que nos faciliten a nosa difusión e intercambio comercial".
Os custes iniciais de creación da web non superaron os 1.000 euros e o mantemento e actualización mensual de contidos (a cargo de Desarrollos Lugonet) é duns 70 euros. Almacenes Martínez, no tocante á loxística, traballa cunha oferta especial de Transportes Azkar para productos de comercio electrónico. A súa pasarela de pagos [?] é de CaixaGalicia.
O mercado de almacenesmartinez.com foise ampliando pouco a pouco coa web: ó panorama nacional uníronse pedidos de Portugal, Centro América e incluso África. Segundo Julián Mayor, estase a dar "unha evolución favorable en todo momento, un crecemento constante". A web contribúe a ampliar o mercado dunha empresa con tradición e xa consolidada; de feito,comenta Mayor, "no futuro próximo agardamos un incremento importante". De feito, a web foi mellorada no 2003, dacordo coa evolución do mercado electrónico. Almacenesmartinez é unha empresa integrada no grupo de Empresas Martínez, que abarca outras áreas coma o sector téxtil, o de productos deportivos ou a construcción.
www.almacenesmartinez.com
 |
Factoría de contidos de CIMO
|
Cara a autofinanciación: a factoría de contidos de CIMO
No número anterior de enegociogalicia falabamos de CIMO como institución galega de recursos humanos sen ánimo de lucro (www.cimoempleo.com). Esta iniciativa galega quixo buscar dende un primeiro momento o xeito de acadar a autofinanciación necesaria para manter o seu proxecto no tempo e non depender únicamente de axudas públicas. Para isto, creou unha factoría de contidos. Trátase dun departamento composto por persoal (entre oito e nove traballadores: documentalistas, administrativos e un xornalista) que dende 1998 está adicado a xerar material e contidos que logo suministran a portais [?] e webs de Internet, como terra.es, mundo-r.com ou ya.com, ademais de empresas como o Banco Gallego. Cimo distribúe tamén contidos para empresas como e-mocion (de Telefónica) que se centran en bases de datos ‘á carta’ de artigos periodísticos, textos divulgativos, farmacias, concertos de música, restaurantes, información para empresarios, taxis, transporte público, hoteis, etc. Actualmente, a factoría de contidos de Cimo está explorando a posibilidade de crear alianzas e novos contactos con medios de comunicación tanto dentro como fóra da Rede. De momento, esta factoría xa xera o 40 por cento dos ingresos de CIMO.
www.cimoempleo.com
|