Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio09 | RecursosHumanosII    


Internet posibilita ás empresas reducir os custos de captación de novos empregados


O director, Santiago Rodríguez
O director, Santiago Rodríguez

Cimo: RRHH sen ánimo de lucro

Cimo é unha institución ourensá sen ánimo de lucro que atende cada día as necesidades de persoal de 24 empresas galegas. Dende hai uns meses, esta institución, declarada polo Ministerio de Interior de “utilidade pública”, xestiona en Internet o Portal [?] Galego do Emprego, www.cimoempleo.com.
Esta web nace da colaboración entre a Xunta, R e Cimo.



Pregunta: ¿Que servicios ofrece Cimo na Rede?
Resposta: Ós empresarios ofrécelles un servicio gratuito, áxil e profesional para
cubrir as súas necesidades de persoal. Ós traballadores, un servicio para buscar emprego dende a súa propia casa.
P: ¿Que vantaxes ten para unha empresa que busca persoal?
R: Unha vez dada de alta a empresa en Cimo, esta especifica as características e requisitos do posto ofrecido. Os xestores de Cimo poñen a disposición dos empresarios non só a súa experiencia, senón tamén milleiros de currículos de demandantes de emprego activos.
P: ¿Que tipo de empresas galegas empregan os servicios de Cimo na Rede?
R: Todo tipo de empresas. Nun principio, estimábamos que serían as grandes compañías, pero as PEMES tamén
empregan moito os nosos servicios.




"Recibimos 6.000 curriculos ó ano pola Rede"

As persoas interesadas en traballar no Banco Pastor teñen a posibilidade de envíar o seu currículo a páxina web do banco, www.bancopastor.es. Segundo o Responsable de Recursos Humanos do banco, Emilio Martínez, os currículos que reciben a través da Rede representan o 50% dos que chegan á compañía.

Pregunta: ¿Que vantaxes supón para un departamento de RRHH o emprego da Rede como método de busca de persoal?¿E inconvintes?
Resposta: A rapidez de busca, baseada na existencia dun número moi importante de currículos que non se precisan tratar manualmente. Os inconvintes veñen máis determinados pola capacidade de deseñar un cuestionario onde os datos poidan ser tratados sen moito traballo.
P: ¿Que tipo de resposta estades obtendo a través de Internet?
R: Unha moi importante: chégannos 6.000 currículos ó ano, que representan o 50% do total dos que recibimos.
P: ¿Que pode supoñer a Rede no futuro como ferramenta de RRHH?
R: Nos vindeiros anos pasará a ser o método habitual de facer chegar as candidaturas ás compañías. Terá un peso moi importante na comunicación das ofertas de emprego.

"Buscar traballo na rede é o máis cómodo"

Germán Blanco é deseñador gráfico/web.
Afeito a traballar no contorno de Internet, adoitaba buscar ofertas de emprego na Rede. O seu último traballo atopouno empregando esta vía.

Pregunta: ¿Por que empregou Internetpara buscar traballo?
Resposta: Porque é moi cómodo, sobre todo porque a acción non parte necesariamente do traballador; podes colgar o teu currículo, activar motores de busca e xa che mandan as ofertas de emprego ó teu correo electrónico.
P: ¿Canto tempo tardou en atopartraballo?
R: En atopar este traballo 5 ou 6 meses, pero neste tempo recibín un gran número de ofertas.
P: ¿Que vantaxes teñen este tipo de servicios para as persoas que están buscando traballo?
R: A comodidade. O único que hai que facer é ter o teu currículo actualizado e mirar as ofertas que chegan ó e-mail.


 
Revista


[Anterior :: RRHH na Rede (I)]

[Seguinte :: Enlaces RRHH na Rede]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión