Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio09 | Novas    


Novas de comercio electrónico


Boletín de novas de comercio electrónico

O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia lanza durante o mes de abril o seu boletín de novas de comercio electrónico por e-mail. Trátase dunha iniciativa pioneira en Galicia, un servicio de información gratuíto e aberto que, os luns de cada semana, achegará os seus subscritores o último sobre o panorama do comercio electrónico. O Boletín de Comercio Electrónico prestaralle especial atención ás noticias de comercio-e galegas, pero tamén tratará novas de ámbito nacional ou internacional. Ademais destas novas, o boletín incluirá a sección “Iniciativa da semana”, na que analizará e difundirá páxinas web galegas de comercio-e. A sección "O dato", resaltará as cifras máis interesantes sobre a realidade da nosa comunidade no tocante ó comercio electrónico e Internet, a partir do informe e-Barómetro que realiza o Observatorio do Centro de Competencias periodicamente.  No boletín tamén haberá información de actividades relacionadas co comercio electrónico (cursos, conferencias, etc.), servicios e outras novidades do propio Centro de Competencias. Para recibir este boletín de novas de comercio-e por e-mail só hai que solicitalo na web www.e-negociogalicia.com

florvertical.com

O portal [?] do sector da flor e da planta ornamental, Florvertical.com, acadou unhas cifras récord no pasado ano. Esta empresa galega logrou arredor de tres millóns de visitas [?] durante o 2002, o que supón máis do triple que no anterior exercicio, e un volume de vendas superior ós 300.000 euros, acreditando así a súa rendabilidade como negocio na Rede. Florvertical é un proxecto desenvolvido entre as principais asociacións profesionais do sector.
www.florvertical.com

 
Revista


[ Anterior :: Enlaces]

[Seguinte :: Lexislación]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión