|
Lexislación: ¿Que información debe ter unha web corporativa?
|
|
|
|
|
Lexislación ¿Que información debe ter unha web corporativa? É o fin do anonimato en Internet. Isto poderíase interpretar negativamente se nos referísemos ós usuarios da Rede pero, afortunadamente, aludimos exclusivamente ós prestadores de servicios neste medio. Isto é: acabáronse as páxinas web comerciais non identificadas, cun propietario que non aparece en ningún sitio e os datos de contacto son, no mellor dos casos, un enderezo de e-mail ou un formulario, sen máis información sobre o seu destinatario. Unha vez máis, a Lei 34/2002 de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI) contribúe neste caso a dotar de maior seguridade xurídica á Rede ó obrigar ós empresarios a identificarse plenamente no seu sitio web. Pero ¿cal é a información concreta que debe facilitar unha web? En concreto, o artigo 10 da LSSI dispón que, como mínimo, deberanse incluír (dun xeito permanente, fácil, directo e gratuíto):
a) O nome ou denominación social, enderezo físico, e-mail e outros datos de contacto. b) Datos de inscrición no Rexistro Mercantil ou outro competente. c) Datos da autorización administrativa para a actividade, no caso de ser necesaria. d) No caso de profesións reguladas: - Datos do colexio profesional e número de colexiado.
- Datos de expedición ou homologación do títuloacadémico.
- As normas profesionais aplicables.
- O número de identificación fiscal.
- Os precios dos productos ou servicios, incluíndo datos sobre impostos e gastos de transporte aplicables.
- Os códigos de conducta ós que estea adherido.
Esta información é trascendental para o usuario, xa que poderá identificar plenamente a entidade que está detrás da "fachada virtual" que representa a web e saber onde está ubicada, para así poder valorar o risco que asume ó mercar os seus productos ou ó contratar os seus servicios e, no seu caso, saber a quen dirixirse en caso de problemas.
Víctor Salgado Seguín Pintos & Salgado Abogados vsalgado@pintos-salgado.com www.pintos-salgado.com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|