Os cursos de comercio electrónico organizados polo Centro de Competencias están a rexistrar unha grande demanda entre directivos, empresarios e persoal das PEMEs galegas. Boa parte deste éxito débese ó persoal encargado de impartir e elaborar os contidos destescursos, todos eles do Laboratorio de Fundamentos de Computación e Intelixencia Artificial (LFCIA), da Universidade da Coruña (na imaxe). Asprincipais liñas de traballo do LFCIA son, a verificación, modelado e aplicacións de sistemas distribuídos de alta disponibilidade, sendo o proxecto máis significativo o deseño e construcción do servidor de vídeo baixo demanda, VoDKA. O proxecto VoDKA foi recentemente galardoado co premio ETI a empresas (xunto con R).
 |
| Profesorado dos cursos de comercio electrónico |
De esquerda a dereita na foto
Antonio Blanco Ferro (Catedrático de UDC) Marta Penas Centeno (instructora) Alberto Valderruten (profesor titular da UDC e conferenciante), Victor Gulías Fernández (profesor titular da UDC e instructor) Javier Mosquera Blanco (instructor dos cursos) Carlos Abalde Ramiro (instructor) María Sánchez Sierra (instructora)
Forma tamén parte do equipo o catedrático da Facultade de Informática da UDC, José Luis Freire Nistal.
|