Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio09 | FeiraVirtual    




Acuarioaberiak

Tenda virtual vasca adicada ós amantes dos peixes e doutras mascotas. Todo para un acuario perfecto, ben sexa mariño ou de auga doce: bombas, filtros, lámpadas, productos de limpeza, adornos e outros moitos complementos (ademais de boas ofertas). A web dispón dunha sección onde botar unha ollada ós mellores traballos realizados por esta empresa, e unha biblioteca virtual para todos os que gosten da acuariofilia.

www.acuarioaberiak.com



Alergotienda

A Alergotienda centra os seus contidos nas alerxias máis comúns. Ademais de información sobre alerxias, estatísticas, consellos e outras utilidades, vende productos específicos difíciles de conseguir en tendas tradicionais.
Cosméticos e productos de hixiene, xoias especiais, mantas e edredóns para alérxicos ó pó e sprays para as mascotas que nos fan estornudar… O obxectivo da Alergotienda é facilitarlles ás persoas con problemas de alerxia
os productos que o médico recomenda.

www.alergotienda.com



talkingpresidents.com

Nesta web pónse ávenda un pequeno boneco Bush parlante de 32 centímetros cargado con dezasete frases "poderosas e moi patrióticas", pero tamén moi cómicas. Na páxina afírmase que é a propia voz do presidente dos Estados Unidos a que soa cando apertamos o botón que o boneco leva ás costas.
O seu prezo é de 30 euros, e ata o de agora o seu creador, John Warnok, está a vender un tras doutro. Proximamente, anuncia a páxina, estarán á venda Nixon, Clinton, Kennedy e outros antigos presidentes dos EEUU.

www.talkingpresidents.com


 
Revista


[Anterior :: Formación]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión