|
|
O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia vén de cumprir un ano de andanza. Neste curto espacio de tempo, no Centro puidemos constatar o aumento do interese das empresas galegas cara Internet en xeral e ó comercio electrónico en particular.
Que o comercio-e crece no noso país e algo evidente: as inscricións de empresarios e persoal das PEMEs galegas nos cursos de comercio-e do Centro superan amplamente a oferta de prazas, as iniciativas de venda on line que chegan ata nós na procura de asesoramento son cada vez máis, as solicitudes da revista e-negociogalicia cóntanse por centos e, de xeito máis concreto, os resultados do informe e-Barómetro reflicten o emprego de Internet en Galicia como un indicador de liña ascendente.
Estes datos falan do presente, pero tamén deixan entrever a curva de crecemento que as empresas galegas van experimentar neste eido nos vindeiros anos. Desta vez, non son as expectativas as que avalan o prometedor futuro do comercio electrónico, son os resultados. Iniciativas galegas como Controlp, Celorriofarma, eFutgol, Florvertical ou Libraría Couceiro deixan ben ás claras que o comercio electrónico é unha canle de venda que non pode descoidar unha empresa moderna.
 |
| Tira cómica: Nada persoal |
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|