Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio08 | PremioInstitucion    


O Centro de Competencias gaña o premio ETI ó desenvolvemento tecnolóxico

O coordinador do Centro Ramon Basanta, recolleu o premio O Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia recibiu o 13 de febreiro o primeiro premio ó desenvolvemento tecnolóxico nos VII Premios ETI Galicia (Encontros de Tecnoloxías da Información), dentro da categoría de institucións. Os ETI, convocados por Computing, (revista estatal de Tecnologías da Información), PricewaterhouseCoopers e Sun Microsystems Ibérica, recoñecen o traballo de empresas e institucións en cada comunidade no eido do desenvolvemento e a innovación tecnolóxica.

O galardón foi compartido coa Deputación de A Coruña e o seu proxecto “Básico”. Ademais, nesta categoría, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) recibiu un accésit polo proxecto “Superordenador Virtual Galego” (SVG).
O traballo que dende hai un ano desenvolve o Centro de Competencias vese recompensado con este premio. Entre outras actividades, dende marzo de 2002, o Centro organizou numerosos cursos e conferencias de comercio electrónico, prestou asesoramento inicial a diversas PEMES galegas, publicou o informe e-Barómetro sobre comercio electrónico en Galicia e difundiu oito números de enegociogalicia.

Javier García Tobío (1º esqd.) e o equipo do Centro de Competencias
Javier García Tobío (1º esqd.) e o equipo do Centro de Competencias

¿Que fai o Centro de Competencias?

Fomentar, apoiar e asesorar as PEMES galegas no aproveitamento do comercio electrónico son as principais tarefas que realiza o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia.

Para levalas a cabo, o Centro ofrece ós empresarios e persoal das PEMES galegas diversos servicios e actividades que se organizan en diferentes áreas:

  • Dentro da área de Formación, ofrécense cursos e conferencias de comercio electrónico que percorren as sete principais cidades galegas. Os cursos están abertos a tódolos empresarios e persoal de PEMES galegas.
  • O Observatorio traballa actualmente nos estudios e- Barómetro, relativos á situación da nosa comunidade e das súas PEMES no que atinxe a Internet e ó comercio electrónico.
  • O servicio de Soporte asesora ás PEMES interesadas en poñer en marcha unha canle de venda pola Rede, poñéndoas en contacto con provedores.
  • Por último, na área de Difusión enmárcanse a revista e-negociogalicia, cunha tiraxe de 7.000 exemplares, xunto á web do Centro: www.e-negociogalicia.com . Con estas dúas ferramentas, difúndense contidos e coñecementos de utilidade para empresarios cunha iniciativa de negocio electrónico.
No cadro de persoal do Centro, que coordina Ramón Basanta Cheda, traballan sete persoas, ademais de catro colaboradores.
O Centro de Competencias é unha entidade pertencente á Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta e apoiada polo CESGA, institución que dirixe Javier García Tobío.


 
Revista


[Anterior :: Informe eBarometro usuarios (II)]

[Seguinte :: Vodka: Premio ETI Empresa]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión