Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio08 | Novas    


Alwaystone prepara a súa internacionalización

Alwaystone, o portal [?] galego da pedra natural está a artellar a súa expansión a novos mercados. A partir desta primaveira, a plataforma ofrecerá novos servicios, idiomas e productos de pedra natural.


A web www.alwaystone.com leva máis dun ano dentro do mercado español, con servicios de Noticias, Formación CAD, etc., e máis de 10.000 productos on line. As versións en inglés e francés estarán finalizadas en primavera. Ademais, co fin de adecuar a plataforma ós diferentes países, crearanse Mercados dentro de Alwaystone con servicios e productos diferenciados no seu correspondente idioma para España, Sudamérica, Alemaña, Reino Unido, Benelux, Estados Unidos, Polonia, etc. Esta plataforma abriu recentemente novas seccións que ofrecen servicios on line de Consultoría Técnica e Selección de Persoal. Ademais, prevese a participación de empresas de maquinaria auxiliar (de mármore, granito e pizarra), polo que estos productos  tamén poderán consultarse e adquirirse. Con respecto á cobertura nacional, Alwaystone abriu unha delegación na zona de Levante como apoio á do noreste da Península, ubicada no Centro de Iniciativas Empresariais (CIE) inaugurado recentemente en O Porriño. Así, Alwaystone mantense en contacto directo coas empresas e institucións das comarcas do mármore, do granito e da pizarra

As facturas dixitais xa teñen validez legal

A factura on line conta xa co recoñecemento legal da Axencia Tributaria (www.aeat.es), co que a partir dagora o recibo en papel non será obrigatorio. A Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) estima  que as máis de 2.700 empresas usuarias do sistema de Intercambio Electrónico de Documentos (EDI) en España aforrarán uns 18 millóns de euros anuais co emprego da factura electrónica. A regulación das e-facturas baséase nunha directiva europea, o que da pé a un sistema estándar para as empresas da UE.

 
Revista


[Anterior :: Premio ETI Empresa]

[Seguinte :: Lexislación]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión