Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio08 | MediosPago_I    


Os medios de pago por Internet

O internauta navega por unha tenda web, elixe o producto que lle interesa,engádeo ó carriño da compra e disponse a pagar. É un momento crítico da venda on line. A desconfianza dos consumidores lastra as vendas, e ofrecer un servicio de pago seguro é a mellor menciña para superar este doenza.
Coñecer, valorar e decidir o máis axeitado entre os diferentes medios de pago axudará a diminuír esta desconfianza nas compras on line.

Existen diversos xeitos de proceder ó cobro dunha venda de comercio electrónico: transferencia, contra reembolso, tarxeta, etc. Algunhas delas inclúen o pago a través de Internet e outras non, pero teñen como denominador común a necesidade de transmitir confianza ó consumidor.
O primeiro que hai que ter en conta é que o pago dunha compra on line é un proceso que implica a varios actores: o comprador, a tenda, as entidades e servicios financeiros que proporcionan a infraestructura, o banco do comprador, o do vendedor e a rede interbancaria. Esta relación de actores pode ter variacións importantes, segundo o xeito de pago.
Os medios de pago que adoitan a empregar as empresas que fan comercio electrónico son diversos pero, de entre todos eles, o cobro mediante tarxeta (a través de pasarela de pagos [?] ou TPV virtual) é o máis extendido.
Segundo o estudio do ano 2002 da Asociación Española de Comercio Electrónico (www.aece.org), case a metade das vendas do comercio electrónico en España se fan empregando tarxeta, concretamente o 49,7% das vendas, o que o convirte no xeito de pago máis empregado con diferencia. O segundo medio máis habitual é o contra reembolso (cun 36,6%), mentres que o pago por transferencia bancaria foi empregado no 7,4% das vendas on line.
Outro dato que consolida a tarxeta como método máis empregado é o que facilita a Comisión do Mercado das Telecomunicacións: entre xullo e setembro do pasado ano, en España facturáronse 75.099.000 euros (12.495 millóns de pesetas) en vendas feitas por transaccións electrónicas. A cantidade, elevada a todas luces, dá unha idea do grande volumen de pagos que se fan empregando tarxeta bancaria. Semella que a desconfianza a facilitar os datos da tarxeta por Internet comenza a diminuír.
Nesta reportaxe, trataremos de xeito non exhaustivo o funcionamento dos diferentes xeitos de pago que se empregan no comercio electrónico na actualidade.


 
Revista


[Anterior:: Editorial]

[Seguinte:: Máis sobre Medios de Pago]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión