|
Lexislación: A validez legal dos contratos electrónicos (A LSSI)
|
|
|
|
|
En anteriores artigos analizamos distintos aspectos máis ou menos polémicos da Lei 34/2002 de Servicios da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI). Podemos dicir sen lugar a dúbidas que un dos aspectos máis positivos da Lei é o que se refire ó disposto en materia de contratos electrónicos. A LSSI recoñece a plena validez xurídica dos contratos celebrados por vía electrónica, pero ademais, no apartado 3 do seu artigo 23, equipárao ó "contrato escrito", polo que sempre que a lei esixa que un contrato conste por escrito (por exemplo, determinados contratos de traballo) será suficiente con que se celebre por medios telemáticos.
Este recoñecemento ten unha grande trascendencia xa que, dende a aprobación desta Lei, podemos realizar todo tipo de operacións a través de Internet e con pleno recoñecemento xurídico: dende mercar un coche ou alquilar un apartamento ata pedir un préstamo ou contratar a un empregado. De feito, a LSSI só sinala dúas excepcións onde os contratos electrónicos non son admisibles:
1) Os contratos referidos ó Dereito de Familia e poderemos facer testamento nin capitulacións matrimoniais a través de Internet.
2) Todas aquelas operacións que esixan a intervención dun notario ou corredor de comercio e o outorgamento dunha escritura ou documento público (de momento non existe a escritura pública electrónica).
En canto a este último caso, velaquí un exemplo claro: podemos mercar unha casa a través de Internet con plena validez xurídica, pero se queremos inscribir dita adquisición no Rexistro da Propiedade deberemos acudir ó notario para dar fe pública do contrato electrónico celebrado.
Víctor Salgado Seguín Pintos & Salgado Abogados vsalgado@pintos-salgado.com www.pintos-salgado.com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|