Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio08 | IniciativasGalegas    


Iniciativas galegas na rede

Iniciativa galega na Rede, cada vez máis, sinónimo de éxito


Juan Maril, Director de Expansión e Novos Proxectos
Juan Maril, Director de Expansión e Novos Proxectos

Unitenda.com: a Universidade apúntase ó comercio electrónico

www.unitenda.com

Unitenda, a tenda virtual da Universidade de Santiago de Compostela (USC), adaptou a súa estratexia ás características de Internet e obtivo uns excelentes resultados. Así o amosan os 200.000 euros de facturación acadados no 2002.

A web naceu no 2001 introducindo nun escaparate virtual os productos que xa vendían na tenda física, todos relacionados coa USC. Nos comenzos apenas vendían. Segundo o Director de Expansión e Novos Proxectos de Unixest, Juan Maril, isto debíase, por unha banda, a que o baixo prezo dos productos non compensaba os gastos de envío, e pola outra, ás características dalgúns productos, como as camisetas, “que os clientes prefiren probar antes de mercar”. Outra traba foi o investimento que supoñía unha campaña de difusión, necesaria para promocionar a web. En vista da escasa resposta inicial, reformularon o negocio e, mantendo os productos da tenda física, introduciron outros novos a prezos competitivos (ordenadores, impresoras, etc.), só para membros da USC. Unitenda convertiuse así en intermediario entre provedores e persoal da comunidade compostelana, polo que reciben unha comisión das vendas. A distribución vai a cargo dos provedores. Os productos están estandarizados, non precisan probarse antes de mercar. O futuro da páxina discorre por este camiño, e prevese introducir novos productos, como teléfonos móbiles, e servicios, como unha axencia de viaxes.


Trofeo de La Galaica entregado na final do Masters de tenis de Shangai
Trofeo de La Galaica entregado na final do Masters de tenis de Shangai

A proxección internacional de Artesanía La Galaica

www.lagalaica.es

Corrían os anos cincuenta cando José Manuel Escrich fundou a empresa Artesanía La Galaica, especializada na talla, pulido, gravado e transformación do cristal. En 1993, créouse unha web co fin de amosar os productos, unha páxina moi sinxela que serviu de base para a web actual. Hoxe, os axentes comerciais desta empresa móvense nunha intranet [?] e manexan a Rede para amosarlles ós clientes o catálogo completo de productos de La Galaica. Ademais, a web potencia a súa imaxe corporativa e facilita as comunicacións remotas entre a central, os axentes e os clientes, que poden xestionar os pedidos en tempo real.  La Galaica compite no mercado europeo: Suíza, Fancia, Bélxica, Alemaña, pero tamén en EE.UU e Canadá. As operacións con mercados exteriores representan máis dun 20% das vendas totais. Os productos máis novidosos son trofeos deportivos e as figuras para eventos con gravacións persoalizadas. Entre os seus clientes, están o xornal “Marca” ou o Masters ATP de tenis.
www.lagalaica.es acadou o segundo premio no "I concurso Internet útil" da Fundación R.


Juan Sánchez, Director Xeral de Bolsamaría
Juan Sánchez, Director Xeral de Bolsamaría

Infomercados axuda, informa e instrúe ó pequeno inversor

www.bolsamaria.com

O éxito da web con información económica e bursátil que Juan Sánchez aloxou inicialmente nun servidor gratuito (Geocities), impulsouno a crear en maio de 1999 Bolsamaría.com, un portal [?] galego con información financeira independente e gratuita. Así, en decembro de 2000 constituiuse Bolsamaría S.L., cun capital social de 24.000 euros.

Tras varias remodelacións, a empresa ubícouse en www.infomercados.com. Nela teletraballan oito persoas, é dicir, traballan conectados a Internet dende as súas casas.O proxecto actual, na liña da idea inicial, consiste en axudar ó  pequeno inversor a mellorar a eficacia dos seus investimentos. A web conta con recursos informativos de utilidade e servicios para instruír ó cliente. Segundo o seu director xeral, Juan Sánchez, a traxectoria ascendente e sostida da web débese a un bo proceso de fidelización de clientes. Mostra disto é que en xaneiro de 2003 a web tivo unhas 400.000 visitas [?], e un total de 4 millóns de páxinas visitadas. Os obxectivos son "chegar ós 5 millóns a finais do 2003, manterse como a website galega máis visitada e paliar a crise publicitaria co desenvolvemento dos ingresos por acceso a servicios de pago (B2C)".


 
Revista


[Anterior::Editorial]

[Seguinte:: Medios de Pago en Internet]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión