|
Barrabés.com é unha das empresas máis importantes de comercio-e de España. Adícase á venda de artigos de alpinismo, escalada e esquí. A súa orixe atópase nunha tenda física de Benasque (pirineo aragonés), que ten unha poboación de 1.700 persoas. Dos 5 millóns que vendeu pola Rede no 2002, preto da metade proveñen de vendas ó exterior, sobre todo nos EEUU.
O responsable de Barrabes.com é Carlos Barrabés. No 1994, cando Internet era un mundo lonxano e descoñecido, este xoven empresario atreveuse a dar ó salto á Rede dende atenda física que a familia tiña en Benasque, na provincia de Huesca. Dende o comezo tivo un obxectivo definido: aproveitar as vantaxes da Rede para conseguir vender os seus artigos en todo o mundo. E tendo en conta as cifras de facturación do ano pasado - arredor de 5 millóns de euros a través da venda electrónica, dos cales a metade proveñen da venda ó exteriorparece claro que o conseguiu. O traballo desenvolvido por Carlos Barrabés constitúe un bo exemplo a seguir por calquera empresario que teña ou pense ter un negocio electrónico, pero é sobre todo un bo exemplo para os empresarios galegos. www.barrabes.com, que é capaz de distribuír cunha grande rapidez e a baixo custo os seus artigos a calquera parte do mundo, nace a partir dunha pequena tenda física ubicada nunha poboación de 1.700 persoas no Pirineo Aragonés. Nun informe elaborado no 2001 polo Consello Económico e Social da propia comunidade, pode constatarse o "retraso de Aragón no desenvolvemento de infraestructuras adecuadas e convintemente dimensionadas e no acceso e uso das Tecnoloxías da Información e da Comunicación". Barrabes.com é un modelo a seguir para os empresarios galegos porque, aínda sendo unha empresa pequena situada nunha comunidade cuns niveis de implantación das novas tecnoloxías inferiores ós das zonas máis desenvolvidas do planeta, demostra con cifras que sabendo aproveitar as vantaxes da Rede, Internet constitúe unha canle a través da cal poden obterse importantes beneficios.
 |
Carlos Barrabes
|
“A loxística debe estar plenamente integrada na empresa”
Pregunta: ¿Que consello lle daría a unha empresa que quere crear un negocio electrónico? Resposta: Diríalle que debe unir os tres seguintes coñecementos: coñecemento do cliente, coñecemento do contorno no que se vai a mover, neste caso a Rede, e coñecemento do propio producto que vai vender. Debe levar a cabo un estudio profundo dos tres elementos porque saber misturar o coñecemento de cada un deles é fundamental para que a empresa vaia adiante. P: Unha vez que a empresa xa está en Internet, ¿que estratexia de promoción debe levar a cabo? R: En primeiro lugar debe facer unha promoción puramente física, baseada nos clientes que xa tiña antes de entrar na Rede. A partir daquí debe desenvolver un crecemento xeográfico baseado no estudio. Debe localizar correctamente os lugares ós que quere chegar, e unha vez alí, segmentar o mercado, incluíndo publicidade en medios físicos dos diferentes sitios,non só en Internet. P: ¿A empresa como debe encarar a distribución dos seus productos? R: A loxística é a ciencia menos intuitiva que coñezo. Todo debe ser feito con lápis e papel, estudiando os feitos concretos. A loxística, a distribución, debe estar plenamente integrada na empresa. Hai que ser responsables do producto ata que está xa na casa do cliente en perfectas condicións. Isto é fundamental. Aínda que a distribución sexa a través dunha subcontratación, temos que controlar tódolos pasos. P: ¿Como pode a empresa que traballa en Internet fidelizar ós seus clientes? R: A fidelización do cliente é imposible. É imposible asegurar que o cliente que nos mercou unha vez volva a facelo. O máximo que se pode facer é satisfacer ó cliente e crear entusiasmo nel. Isto non deixa de ser un traballo de creación de marca. Satisfacer ó cliente é prestarlle un bo servicio, logrando que o producto chegue rápido e en boas condicións á súa casa e dando contidos interesantes na páxina, como entrevistas, reportaxes, etc.
|