 |
Bricolink
|
Bricolink.com: unha empresa familiar na Rede
A empresa familiar José Antonio Freire y Josvy S.L. leva máis de 25 anos adicada ó mundo da ferretería en Valdoviño (A Coruña). A mediados do 2000 decidiron abrir unha nova área de negocio a través de Internet, e así crearon www.bricolink.com, coa idea, segundo conta o seu responsable, José Carlos Freire, de experimentar no campo do comercio-e e abrir novos mercados, xa que a empresa estaba limitada por atoparse nun pobo pequeno . Cunha inversión inicial de 3.000 euros e cuns 400 euros anuais en gastos de mantemento e hosting [?], a web é controlada polo mesmo persoal que traballa na tenda física. Nela pódese mercar todo tipo de productos de ferretería e bricolaxe, empregando a pasarela de pagos [?] de CaixaGalicia. No 2001 duplicouse o número de visitas [?] e compras con respecto ó ano 2000. Neste período, acadaron unha clientela fiel, xa que o 30% dos clientes repetiu compra. Para que a web teña éxito, dende Bricolink ofrecen precios inferiores ós das tendas tradicionais. Aínda así, as vendas electrónicas non superan ás da tenda física, pero esta empresa asegura que apostará pola web mentres siga xerando beneficios.
www.bricolink.com
 |
David Guerrero, director comercial
|
'Tusinmobiliarias' canaliza a oferta inmobiliaria galega por Internet
En marzo do 2002 constitúese en Pontevedra a empresa "Tu Buscador de Información S.A." cun capital social inicial de 120.000 euros, co obxectivo de ofrecer servicios para particulares que queren mercar ou alugar vivenda. Para isto, creouse a web www.tusinmobiliarias.com, unha canle de conexión entre os clientes, inmobiliarias e promotores, que está xestionada por un equipo de catro persoas da empresa Cesiga S.A.
Esta web ofrece información de 120 inmobiliarias e empresas promotoras, que pagan 60 euros mensuais polo servicio. Actualmente, a base de datos de Tusinmobiliarias conta cuns 8.000 inmobles. A vantaxe da web radica en que a oferta deste servicio de asesoramento é gratuíta para o internauta, e este pode facer dende a web tódalas súas xestións coas inmobiliarias e promotoras. Tusinmobiliarias recibe entre 6.000 e 8.000 visitas [?] ó mes. O proxecto cobre actualmente a oferta das catro capitais galegas e conta xa con dúas oficinas en Asturias, "movidos pola crecente necesidade de ampliar mercados e porque non hai un servicio parecido no mercado on lineespañol", segundo di o director comercial, David Guerrero. A comenzos deste ano 2003, pensan ampliar a oferta a Madrid, para dar despois o salto a Cataluña e Levante. Ademais, ampliaron capital en 75.000 euros, agardando chegar ó longo do vindeiro ano ós 300.000 euros.
www.tusinmobiliarias.com
 |
Compra en Arzúa
|
Compraenarzua.com vende productos típicos da terra
Compraenarzua.com é un portal [?] creado en setembro do 2002 que aproveita a capacidade da Rede para abrir novos mercados ós productos de Arzúa: queixos, chourizos, lacóns, mel, etc. O responsable do proxecto, Carlos Fernándes, recoñece que é difícil integrar Internet no medio rural, pero pensa que pode ser moi beneficioso para pequenos productores que, así, poden chegar a moitos clientes potenciais ós que doutro xeito non chegarían nunca.
A páxina foi elaborada polo equipo de JHC Servicios Informáticos, con quen Carlos Fernándes entrou en contacto a través de R, compañía que lle proporciona o servicio de aloxamento web. Caixanova é a entidade que xestiona os pagos electrónicos. O custo inicial de desenvolvemento do portal [?] (inclúe diferentes tendas e servicios) e do aloxamento web foi de case 4.000 euros. Catro meses despois do seu nacemento, o portal [?] conta con tres tendas virtuais que están xa en funcionamento: en www.arzuan.com pódense mercar os famosos queixos de Arzúa; Arzuan de Prol vende outros productos da comarca como os grelos de Dombodán, mel, ou mesmo un cocido completo; e Recambios José ofrece maquinaria e recambios para xardineria agrícola e forestal. O portal [?] conta tamén cun servicio de inmobiliaria, onde os visitantes poden ver de casas e pisos de ata catro constructoras diferentes da zona.
www.compraenarzua.com
|