|
Hong Kong é unha cidade de rañaceos e contrastes. Unha cidade na que parece que o futuro xa é presente. Os seus habitantes están afeitos átecnoloxía e as súas aplicacións pódense atopar en todas partes. Dende cafeterías onde os clientes se conectan á Rede inaramicamente ata persoas falando pola rúa por móbiles de última tecnoloxía, dos que colgan símbolos espirituais de armonía co entorno (Feng Shui).
A cidade de Hong Kong recibe ós seus visitantes cunha plena demostración de proveitamento da tecnoloxía. O Hong Kong International Airport, declarado o mellor aeroporto do mundo no ano 2001, conta con salas especiais onde os viaxeiros poden acceder a Internet a través dunha rede inarámica (WiFi). A Rede está plenamente integrada na vida cotiá desta antigua colonia británica, agora baixo control chino, onde viven 7 millóns de persoas. A tasa de penetración de Internet nos fogares de Hong Kong é unha das máis elevadas do mundo, como apunta un estudio da consultora NUA: en maio do 2002 o 60% fogares tiña acceso á Rede (en Galicia, só o 17%). Ademais, segundo un estudio de Nielsen/NetRatings, dous tercios das conexións son con cable [?] ou ADSL [?], o que fai que a velocidade á que circula a información pola Rede sexa moi rápida. Isto explica que os internautas da cidade sexan os que máis tempo pasan conectados do mundo, un pouco máis de 10 horas ó mes. A asimilación do uso dos métodos informáticos por parte da xente concretase en moitos enómenos particulares e de grande utilidade. Por exemplo, na cidade existe a tarxeta "Octopuss", unha especie de moedeiro electrónico, recargable en calqueira estación de metro ou en lugares autorizados, e que permite non só viaxar en calqueira transporte público, senón tamén pagar en cines, establecementos de vintecatro horas ou cafeterías. A telefonía móbil tamén destaca pola súa implantación, como apunta o informe da Asociación Internacional de Telecomunicacións “Internet for a Mobile Generation”. Segundo este estudio, que analiza a capacidade de máis de 200 economías en materia de tecnoloxías de servicio móbil e Internet e a súa capacidade de aproveitar os últimos diantos, Hong Kong sitúase no primeiro posto do mundo. Na cidade, as últimas modas nosmóbiles son os de tecnoloxía MMS, que posibilitan mandar imaxes, e os teléfonos con conexións inarámica Bluetooth, cos que a xente pode ir falando pola rúa levando un comunicador na orella e o aparello nun peto, todo isto sin empregar ningún tipo de cable.
A cidade despide ós seus visitantes como os recibiu, cun despregue de tecnoloxía aplicada á rutina para facer a vida máis sinxela. No tren que leva ós viaxeiros dende o centro da cidade ata o aeroporto en apenas vinte minutos, o Airport Express (curiosamente construído por unha empresa española), conta con monitores de cristal líquido (LCD) nos asentos onde se pode consultar a porta de embarque dos voos, a hora das saídas e das chegadas.
 |
| HONG KONG |
|