Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio06 | FeiraVirtual    


Un nadal autóctono e orixinal

A nosa feira virtual prepárase para que os seus clientes disfruten dun Nadal moi creativo. Por iso, ofrécelles para empezar unha das recetas con caracois suxeridas por Helixlugo, e de postre, as castañas galegas de Marronglacé. Orixinal e nutritivo...




www.helixlugo.com

Helix-Lugo é unha empresa agroalimentaria galega situada en Monterroso que se adica á cría de caracois da especie Helix-Aspersa, con fins investigadores e comerciais. Para dar a coñecer o seu producto no mercado no que xa operan (Europa) contan cunha web na que amosan o tipo de caracois que ofertan e as condicións de venda e garantía de transporte dos mesmos.
Así, podemos obter caracois reproductores para criar en granxas ou caracois vivos para cociñar. No tocante ós caracois destinados para o cazo, tamén podemos acceder a unha sección de recetas para facer máis apetitoso este manxar.

www.helixlugo.com



www.marronglace.com

Cuevas y Cia S.A., empresa ourensana fundada en 1944, fabrica e comercializa productos derivados da castaña, dende o marron glacé, pasando por castañas confitadas ou crema de castañas, ata purés e castañas peladas que se conxelan para ser exportadas ó estranxeiro.Traballan unhas 2000 toneladas anuais deste froito e operan con métodos tradicionais, pero dende modernas instalacións.
Por iso contan tamén cunha web, onde se pode mercar todos estes productos. Agora, contan xa cun amplo mercado, que inclúe Bélxica, Gran Bretaña, Italia, Suíza, México, Brasil, Venezuela ou Xapón.  

www.marronglace.com

 
Revista


[Anterior::eBarometro]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión