Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio06 | EstudioCasoII    


Librerias on line a porta de venda ó estranxeiro

A presidenta da Agrupación de Libreiros de Ourense, Pilar Rodríguez, opinaba nunha entrevista de La Voz de Galicia que “a entrada das novas tecnoloxías no mundo do libro é agora o principal centro de atención". En Galicia, arredor dunhas vinte librerías teñen presencia en Internet, pero non todas venden on line. A maioría crearon en Internet unha extensión da librería física, onde o cliente consulta na web, pero merca na tenda física ou por e-mail. Sen embargo, para algunhas librerías galegas, a web é tamén un negocio que abre portas a novos cilentes. Así, algunhas descubriron xa a posibilidade de atraer compradores estranxeiros e decidiron explotar a venda on line. Velaquí algúns exemplos.

Libreria Trazos

Trazos tén tendas en varias localidades da Costa da Morte. A versión on line nace no ano 98, co fin de "estar presentes nas novas canles comerciais". As expectativas víronse superadas "sorprendentemente", indica Manuel Alvariñas, o xerente da librería. A súa web, ademais das vendas -con pedidos dende todo o mundo; de Centroamérica, de Europa do Leste e do Sur-, proporciónalles “unha imaxe cara fóra, consultas e contactos”. Alvariñas opina que "non hai unha aposta forte por Internet, que pode ser un motor de apoio, unha forma de que Galicia estea presente no mundo".

www.trazosexpress.com

Librería Pérgamo

A librería dixital de Pérgamo naceu hai cinco anos "cun espírito entre comercial e publicitario", di o seu xerente, Francisco Rodríguez. As expectativas decreceron en canto á venda directa, pero medraron en canto a publicidade, comunicación cos clientes e información. Francisco comenta que o que máis lles interesa agora "é a capacidade da librería virtual de achegar os libros ós clientes, e estes están a responder dun xeito impresionante dende os lugares máis inesperados". Por iso cre que o "comercio electrónico é unha parcela máis de negocio, que se pode aproveitar ou non".

www.pergamo.com

Andel Virtual

Andel é especialista en libro galego e portugués. O seu xerente, Xaime Nogueira, opina que “as librerías especializadas están a ter certo protagonismo, aínda que seguen gañando as grandes cadeas. Iniciativas como a nosa son minoritarias, pero é a única maneira de competir no mercado do libro partindo dun proxecto económico pequeno". Nogueira cre que, no caso de Galicia, o comercioe do libro está desaproveitado, posto que "a nivel demográfico e xeográfico, o mercado libreiro concéntrase nas tres cidades galegas máis importantes, e o resto do territorio non está cuberto por librerías que poidan ofertar un servicio persoalizado". A nivel xeral, fala dun "condicionante económico-sociolóxico que fai que as vendas non aumenten como o estaban facendo". Agora, Andel está a chegar ás zonas máis periféricas de Galicia e crecendo nas vendas na nosa comunidade. A nivel internacional, “nestes momentos hai máis pedidos de Europa que de Latinoamérica”.

www.andelvirtual.com

Libro Total

Libro Total ofrece libros electrónicos dirixidos ós máis novos. As expectativas de Libro Total eran modestas, pero dende o ano 2000, cumpríronse "gracias ós clientes sudamericanos, que son os que principalmente mercan na tenda", segundo conta Milagros Oya, escritora e fundadora de Libro Total. No último ano, "estamos a recibir moitas peticións dende Miami, o que nos anima a continuar. Tivemos ata 40.000 descargas de arquivos gratuítos pero, á hora de gastar cartos, a cousa cambia. Só os estranxeiros pagan", comenta. Libro Total incrementou este ano as súas vendas nun 3%.

www.librototal.net

Librería Couceiro

Couceiro é un bo exemplo do aproveitamento de Internet por unha librería tradicional. A finais dos 70, especialízase en libro galego e nace o boletín “Bendado”, con novidades editoriais e a posibilidade de facer pedidos. “Bendado” envíabase de balde, ata que no 1995 chegou ós 5.000 suscritores, “cifra insoportable economicamente”, segundo o xerente, Pablo Couceiro. A partir de entón, continuouse ofrecendo o boletín, pero en versión on line. No 2000 nace a web e comezan a vender por Internet. “Cada vez temos máis visitantes e o custo de mantemento  é mínimo. Damos un servicio máis amplo do que nunca poidemos dar”, comentan. Resultado: “o número de artigos vendidos pola Rede este ano incrementouse entre un 100 e un 120% máis respecto ás temporadas pasadas”.

www.librariacouceiro.com

 
Revista


[Anterior::Librerias]

[Seguinte::Panorama]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión