Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio06 | Emarketing    


Promociones a súa web:a alta en buscadores (II)

No anterior artigo sobre “A alta en buscadores” falabamos de tres xeitos distintos de incluír un enlace da nosa web nos buscadores: programas de rexistro, empresas especializadas ou rexistro manual.

Agora, imos centrarnos na alta manual, que é recomendable para unha serie de buscadores de carácter clave en Internet: Google, Yahoo, Altavista, Terra e Alltheweb (os seus enderezos xa se incluíron no número anterior). Aínda que existen moitos outros buscadores, estes que mencionamos agora garanten unha ampla repercusión en toda a Rede, e o esforzo de tempo para facer a alta é relativamente baixo.
Neste sentido, o procedemento de rexistro manual nestes buscadores pode ser sinxelo, como no caso de Google ou Altavista (só é necesario incluír o enderezo web e o e-mail), ou algo máis laborioso como no caso de Yahoo (solicita web, e-mail, título, comentario, persoa de contacto, comentarios, ubicación xeográfica e observacións adicionais).

Para acceder á zona de rexistro manual de páxinas web nos buscadores, só hai que empregar un enlace nestas páxinas chamado: “Engadir sitio/web” (ou “Submit site”, en inglés) e cumprimentar o formulario correspondente. Cómpre destacar que, aínda que o rexistro é relativamente rápido, logo os buscadores tardan tempo en incluir o enlace á nosa web. Así, Altavista emprega entre 4 e 6 semanas, mentres que Google pode tardar catro ou cinco meses. Ademais, nalgúns casos, como por exemplo o de Google (www.google.com), o feito de cumplimentar e facer o rexistro manual da nosa web, non garante a súa inclusión entre os seus enlaces.

No vindeiro artigo finalizaremos coa “ Alta en buscadores” e trataremos consellos para existrar a nosa páxina web.

 
Revista


[Anterior::Lexislación]

[Seguinte::Librerias]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión