Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio06 | Editorial    


Editorial

De cara a este Nadal, a empresa galega Controlp agarda vender un 400% máis a través da súa páxina web que o ano pasado polas mesmas datas. Armerías Álvarez fala de 600 mil euros en vendas de comercio electrónico. E Futgol, outro tanto do mesmo. Trátanse de empresas de aquí, de Ourense, A Coruña e Vigo, que xa están a facer cartos con esta nova canle de negocio e que amosan con feitos, estatísticas e beneficios que o comercio electrónico está a reportar importantes ingresos para as PEMES. Pero non son casos illados.

As expectativas de vendas de Nadal falan dun claro crecemento do comercio electrónico respecto a decembro do ano pasado. Tamén, un informe da Comisión do Mercado das Telecomunicacións sinala que as vendas de comercio electrónico a través de entidades de pago creceron de xeito espectacular no 2002: de 47 millóns de euros en vendas no primeiro trimestre deste ano pasaron a 75 millóns no período xullo-setembro.

A curva de crecemento do comercio electrónico estase amosando imparable e confirma ás claras a tendencia á alza desta nova canle de negocio. Neste sentido, este Nadal é unha nova reválida para as vendas do comercio electrónico e pode confirmar que o seu futuro é xa presente.


 
Revista


[Anterior::Sumario]

[Seguinte::Iniciativas]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión