Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio05 | TendaVirtual    


A creación da páxina web. Como construir unha tenda virtual (II)

Na segunda parte deste capítulo sobre a creación da páxina web (ver /revista/enegocio04/TendaVirtualII) falamos dos prezos orientativos para deseñar unha páxina web e tratamos outros aspectos importantes a ter en conta como a necesidade de documentar á empresa provedora e a de manter os contidos da páxina web.

Pasos Como xa dixeramos no capítulo anterior, os "free lance" ou autónomos, as axencias de publicidade, as empresas multimedia e as consultoras son os provedores fundamentais que poden construír unha páxina web a unha empresa.





GASTOS

Para publicar en Internet unha web hai que ter en conta unha serie de gastos:
  • O dominio
  • O desenvolvemento da web (deseño e programación)
  • O hosting [?]  ou aloxamento da web
O gasto no dominio pode variar entre os 15 e os 30 euros ó ano, mentres que o hosting [?] pode custar entre os 100 e os 360 € anuais.

PREZOS DA WEB

No tocante ó desenvolvemento da páxina web, dependendo do provedor, da complexidade do proxecto e do tempo de traballo necesario, os prezos poden variar sustancialmente. O gasto máis grande adoita a ir para o desenvolvemento da web. Aquí non existe un presuposto estándar, xa que os custos varían moito dependendo do prestixio do provedor, do deseño e do tempo de traballo. Na medida en que o proxecto estea máis definido para o provedor, o presuposto será máis baixo. De tódolos xeitos, en Galicia (como cifra orientativa) pódese obter unha web cun bo deseño e funcionalidades engadidas entre os 1.800 euros e os 3.000, incluíndo catálogos on line. Unha web coidada con comercio electrónico pode estar preto dos 9.000 euros. No que respecta a estes provedores, proximamente o Centro de Competencias porá na súa web unha base de datos de empresas provedoras coas que se pode contactar en Galicia para desenvolver unha páxina web (ver /revista/enegocio05/centroSoporte).

DOCUMENTACIÓN

Neste proceso de desenvolvemento da web, cómpre ter presente que a empresa provedora que se responsabilizará de crear a páxina web terá que enchela con contidos.
Por iso, o cliente debe facilitarlle toda aquela documentación e a información que considere para publicar na páxina web. Contacto (teléfono e e-mail), enderezo, servicios, productos, etc. son algunhas das informacións que non poden faltar. Pero, ademais, hai que comunicar ó provedor os servicios, as seccións e as utilidades que queremos ofrecer en Internet.

MANTEMENTO

É bastante extendida a crenza de que, unha vez publicada a web, rematou o traballo e só queda esperar a que cheguen os resultados. Nada máis lonxe da realidade xa que é precisamente neste momento cando comeza de verdade o traballo para a empresa. Meter novos contidos, actualizar os publicados, promocionar a web e respostar ás consultas que cheguen a través dela son só algunhas das tarefas coas que contaremos para manter viva unha web.

 
Revista


[Anterior::Soporte]

[Seguinte::Novas]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión