|
O e-mail profesional: ¿é do empresario ou do traballador?
|
|
|
|
|
Unha das cuestións que máis polémica suscitou no ámbito do Dereito das novas tecnoloxías é o uso do correo electrónico no posto de traballo. ¿Quen é o dono do email profesional: o empresario ou o traballador? Dito doutro xeito, ¿ten o empresario dereito a ler as mensaxes dos seus empregados polo simple feito de facilitarlle a conta de correo electrónico? O artigo 18 da Constitución recoñece o dereito á intimidade das persoas que protexe tanto as súas comunicacións como a súa correspondencia de inxerencias alleas sen o consentimento do seu titular ou sen orde xudicial. Así mesmo, o artigo 197 do Código Penal tipifica como delito acceder ó contido de mensaxes de mail alleas, castigado con ata catro anos de prisión.
A sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña nº 9382/2000, de 14 de Novembro de 2000 sementou certa confusión ó declarar a procedencia do despido dun traballador do Deutsche Bank con base no contido dos seus correos electrónicos intervidos polo empresario. Sen embargo, o traballador despedido, convintemente asesorado, querelouse despois contra os seus antigos xefes acusándoos do citado delito. Agora, o asunto está pendente de sentencia.
MEDIDAS E ACCIÓNS
¿Que se pode facer para garantir o control do empresario sobre os seus medios de producción sen vulnerar os dereitos fundamentais do traballador? Non é suficiente con que simplemente se advirta que o email da empresa é para uso exclusivamente profesional ou que se anuncie o seguimento (monitorización) do correo como política de seguridade. Para poder acceder ó contido das mensaxes, faise necesario solicitar o consentimento previo e expreso do traballador, ben engadindo unha cláusula específica no contrato de traballo ou ben recabando a sinatura do traballador nun documento aparte. Sen este consentimento, o empresario deberá absterse de controlar o correo máis alá da comprobación de virus ou, no seu caso, dos destinatarios ou emisores do mesmo.
Víctor Salgado Seguín Pintos & Salgado Abogados vsalgado@pintos-salgado.com www.pintos-salgado.com
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|