|
Empleoexterno.com: recursos humanos galegos
Empleoexterno.com é un portal [?] galego de recursos humanos nacido en setembro do 2001 e destinado tanto ás persoas que buscan traballo como ás empresas que procuran man de obra. Tras pouco máis dun ano de existencia, o portal [?] tivo xa máis de 1.200.000 visitas [?], segundo os datos proporcionados polo seu responsable, Carlos Garrido. Na base de datos de Empleoexterno hai rexistradas 2.000 empresas e dispoñen de 60.000 currículums de persoas que buscan traballo. Segundo din os responsables da empresa, arredor do 80% das empresas e das persoas rexistradas son galegas. Carlos Garrido califica a web como un portal [?] "busca solucións", no que as empresas, ademais de acceder a currículums xa seleccionados en función das súas necesidades, dispoñen de servicios como información sobre xestión do capital humano, acceso a informes de empresas ou incluso organización de viaxes. Pola súa banda, as persoas que buscan traballo, ademais de presentar os seus currículums, poden acceder a ofertas de emprego público e privado ou calcular o seu salario. De momento, os servicios deste portal [?] son gratuítos, pero preténdese que os contidos e os servicios sexan de pago a finais do 2004, cando o portal [?] teña formada unha imaxe sólida que asegure un bo número de clientes.
www.empleoexterno.com
Mundopesca.org tenta unificar as iniciativas galegas de pesca
Un novo portal [?] sobre a pesca está a piques de xurdir en Galicia. Co enderezo www.mundopesca.org, ten o obxectivo de integrar e optimizar as webs, iniciativas e recursos galegos relacionados co mundo do mar e da pesca, convertíndose nun sitio de referencia para un sector fundamental na economía galega. O deseño e a posta en marcha desta iniciativa está apoiado por institucións e empresas como a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), Lonxanet, o Consello Regulador do Mexillón, a Asociación de Productores de Rodaballo de Galicia (AROGA), o grupo Porto de Celeiro e a Confraría de pescadores de Celeiro, que son os seus socios fundadores. A oferta de Mundopesca céntranse en proporcionar dominios, conta de e-mail propia e aloxamento para páxinas web ós asociados, a fin de que poidan colocar os recursos que consideren de interese e utilidade. O portal [?] atópase agora nunha fase inicial de desenvolvemento, aínda aberta á entrada de novos socios. Os contidos que ofertará no futuro son noticias e eventos relacionados co sector marítimo, recursos documentais, glosario de termos pesqueiros, links, directorio de centros e lexislación marítimo-pesqueira. Nunha segunda fase e dependendo dos intereses e necesidades dos socios, ademais da posta en marcha de proxectos comúns, existe a posibilidade real de xerar negocio e mercado a través da web, segundo asegura Javier Osuna, da Fundación CETMAR. Se todo vai ben, mundopesca.org estará visible para o público a principios de decembro.
www.mundopesca.org
A internacionalización do sector textil: textile-eguide
Textile-eguide é unha iniciativa de B2B adicada ó textil e á confección que acaba de abrir a súa delegación española en Galicia, debido ó importante peso específico que este sector ten na nosa comunidade. Aínda que o portal [?] ten a súa sede central en Francia, conta con delegacións en 22 países e actualmente rexistra máis de 27.200 empresas do sector. Segundo fontes do portal [?], "a existencia de delegacións nacionais responde á necesidade de obter coñecementos profundos da realidade de cada mercado”. As empresas que aproveitan os servicios de Textile-eguide empregan esta web como ferramenta de marketing e de investigación de mercados, identificando e contactando con clientes ou provedores de calquera parte do mundo, o que contribúe á internacionalización das empresas rexistradas. As empresas inscritas en Textile-eguide poden contratar diferentes servicios que custan entre 400 e 2.500 euros anuais. Entre as posibilidades ofertadas inclúese a creación de páxinas web propias, aloxamento, mantemento e actualización de datos e a posibilidade de ofrecer un acceso libre ou restrinxido ós usuarios (por exemplo, a catálogos de moda). No futuro, Textile-eguide pretende organizar feiras virtuais e ofertar servicios legais relacionados co negocio textil e o comercio internacional.
www.textile-eguide.com
|