|
|
Neste número 05 de e-negociogalicia analizamos iniciativas de comercio electrónico relacionadas co mundo do fútbol, a través do Deportivo, o Celta e a empresa Futgol. Aquí, quedan de manifesto dous xeitos ben distintos de afrontar Internet como unha nova canle de negocio, exemplificados polos casos do Celta de Vigo S.A.D. e Futgol.
Por unha banda, a empresa Futgol (www.e-futgol.com), que xa posuía unha cadea de tendas físicas, foi unha desas iniciativas de Internet que xurdiron coa burbulla tecnolóxica. Pasado o “boom” e frustradas as elevadas expectativas que formularan inicialmente, soubo reestructurarse e afrontar o novo panorama do comercio electrónico de xeito máis realista e pausado, enfocando de novo a súa aposta pola venda on line. Tras dous anos, agora posúen a experiencia e o coñecemento necesarios que lles permiten adaptarse mellor a esta canle de venda e aproveitar moitas das oportunidades que brinda a Rede. O emprego que fan das “web afiliadas” é unha boa mostra disto e que fixeron medrar sensiblemente as súas vendas.
Por outra banda, o Celta comenza agora a súa aposta polo comercio electrónico. Despois de ir pasiño a pasiño no terreo de Internet, primeiro publicando a súa web e logo engadindo servicios, agora vai dar ó salto a vender pola Rede. A súa estratexia foi máis prudente e conservadora que a de Futgol.
O de Futgol e o do Celta son dous casos distintos de comercio-e, pero que camiñan cara o mesmo destino: aumentar vendas e mellorar a comunicación cos seus clientes, alí onde se atopen.
 |
| E-comic: Nada Persoal |
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|