Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio05 | EMarketing    


Promocione a súa web: o alta en buscadores (I)

Construír unha web é un esforzo que non pode quedar estancado unha vez que se publica en Internet. Para rendibilizar esta decisión é necesario promocionar a nosa web, e unha das ferramentas mellores para facelo son os buscadores (e directorios). A dos buscadores é a categoría máis empregada de Internet e o punto de referencia para a meirande parte dos internautas. Calcúlase que o 90% dos usuarios da Rede os empregan. Estas páxinas encárganse de encamiñar ós usuarios e levalos directamente ó resultado da súa busca. Por iso, estar presentes neles é necesario para que unha web reciba visitas [?] e, por tanto, cumpra os seus obxectivos. Ainda que non nos imos extender na definición dun buscador (dos que xa falamos en números anteriores), si cómpre sinalar que existe diferencia entre directorios (webs que clasifican as webs por tema, como Yahoo) e os motores de busca (buscan de xeito automático, como Google).

O REXISTRO
Para que un buscador rexistre unha web, cómpre dala de alta e rexistrala na súa base de datos. Para iso, haberá que facilitar unha serie de datos relativos á nosa web (enderezo, nome, descrición...). Isto pode levar bastante tempo, sobre todo tendo en conta que existen milleiros de buscadores. Para solventar isto, hai varias solucións: - Empregar programas que fan o rexistro de xeito simultáneo en milleiros de buscadores. - Recorrer a empresas especializadas. - Facer o rexistro de xeito manual. A primeira opción pode dar problemas, xa que moitos buscadores teñen procedementos para evitar a alta automática. A pesar destes problemas, estes programas tamén axudan a facer a alta noutros moitos buscadores. Recorrer a empresas especializadas ou facer a alta de xeito manual son outras opcións. Sobre isto e sobre como facer o alta manual falaremos en vindeiros números de e-negociogalicia.

Principais buscadores e directorios:

- www.google.com
- www.yahoo.es
- www.alltheweb.com
- www.altavista.com
- www.lycos.es
- www.terra.es
- www.hotbot.com
- www.teoma.com
- www.excite.es
- www.infoseek.com
- buscador.vieiros.com
- www.u-lo.com
- www.biwe.es

 
Revista


[Anterior::Lexislación]

[Seguinte::Soporte]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión