|
"Chegáronos 5832 e-mails pedindo informacion"
|
|
|
|
|
|
Jorge Barreiro, Xefe da Área de Informática de Turgalicia. (www.turgalicia.es)
¿Que porcentaxe da facturación total de Turgalicia procede da venda de productos a través de Internet?
Podemos ver a venda a través de Internet de tres formas diferentes: en primeiro lugar, a venda que é realizada integramente a través de Internet, sen intervención humana (venda en tempo real). Esta venda realízase con pasarela de pagos [?] e cobro directo. É a menos utilizada, pero pola que máis se aposta, xa que supón un considerable aforro de custos. As transaccións deste tipo este ano foron 8. Doutra banda, a venda realizada a través de e-mail, é dicir con intervención humana. Este ano tivemos 186 clientes. Por último, está a venda que é consecuencia da información existente en Internet, que desencadea unha chamada ou interacción coa central de reservas. Un dato a resaltar é que o número de e-mails pedindo información este ano foi de 5.832.
¿Como se realizan os pagos?
Os pagos fanse a través de tarxeta de crédito se a petición de reservas é telefónica ou a través de e-mail. Tamén se utiliza a transferencia bancaria.
¿Cales son os principais obstáculos á comercialización dos seus servicios a través de Internet?
O primeiro é o temor ó uso da tarxeta de crédito (seguridade), seguido do estándar en pantallas de compra. Como consecuencia disto, existe a dificultade de uso, porque cada web ten unha pantalla de venda diferente. Por último, a formación, o coñecemento ou a información para o usuario na compra. O descoñecido sempre produce rexeitamento.
¿E a principal vantaxe?
A rapidez e a comodidade.
¿Cal é o perfil do cliente que chega á web de Turgalicia?
A maioría das transaccións son de clientes españois. En transacción directa con pasarela de pagos [?] só hai españois, a través de e-mail o 95% son españois e o 5% de distintos países.
|
|
|
|
Revista
|
|
| |
|
|
|
|
| |
| |
|
|