Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio03 | Iniciativas    


As webs galegas: saímos do país para seguir vendendo


Deportienda
Deportienda

Deportienda.com chega ós seguidores de todo o mundo

Atopar en Suiza, Alemania, Arxentina, Venezuela ou Xapón un seguidor do Deportivo cunha camiseta do equipo é posible gracias a www.deportienda.com, a tenda oficial do clube en Internet.



Deportienda.com naceu en maio de 2000 a partir dun convenio de colaboración tecnolóxica firmado entre o clube do Deportivo e Caixa Galicia. Coa inauguración da súa tenda virtual o Deportivo convertíuse no primeiro clube español de fútbol en contar cunha tenda na Rede independente da súa propia páxina e orientada claramente cara o negocio da venda dos seus productos oficiais. A Deportienda foi desenvolvida técnicamente por IRIS, unha empresa de novas tecnoloxías pertencente ó clube, da que boa parte dos seus profesionais se formaron no laboratorio LFCIA da Universidade da Coruña.

Nesta web, ademais da vestimenta oficial do equipo, da marca Joma, poden mercarse os productos (pantalóns, camisetas, bolsos, etc) da colección exclusiva de sport da marca RCD, empresa de moda deportiva tamén pertencente ó clube herculino.

Un ano despois da inauguración da web, o clube abríu en A Coruña, en agosto de 2001, a Deportienda física. As novas formas de negocio que posibilitan as novas tecnoloxías foron neste caso por diante das formas tradicionais. A aposta do clube saíu ben, xa que hoxe www.deportienda.com obtén beneficios da venda dos seus productos ós milleiros de seguidores do equipo espallados polo mundo e que mira con optimismo o futuro do seu negocio na Rede.

www.deportienda.com


Motovespa
Motovespa

Motovespa.com: recambios de Vespas na Rede

Motovespa é unha empresa ubicada fisicamente en Vigo que distribúe recambios e accesorios da gama Vespa/Piaggio. Dende hai un ano e medio conta cunha páxina en Internet a través da cal vende os seus productos. Esta web naceu como unha proba de mercado a partir dun certo coñecemento previo de Internet que tiñan os seus responsables. O proxecto non supuña unha grande inversión e confiouse na súa rendabilidade.

A páxina permite ó usuario localizar pezas, accesorios e compoñentes de modelos antigos e descatalogados. Este valor engadido tivo como consecuencia algo que sorprendeu ós propios responsables da páxina: a apertura do seu mercado de clientes. Os lugares dende os que máis pedidos se reciben son o sur de España e Cataluña, pero tamén teñen feito vendas transoceánicas a Arxentina e Venezuela. Tras un ano e medio a web xa cubríu custos e, cunha persoa adicándose a tempo completo a ela, esperan obter beneficios a curto prazo.

www.motovespa.com


Juan Manuel Piñeiro, administrador de Control+p
Juan Manuel Piñeiro, administrador de Control+p

Controlp.com: lánzase á conquista de Portugal

Tras o verán, a empresa Control+p, dedicada á venda de material informático a través da Rede, traducirá os seus os seus contidos ó portugués. É un paso máis na evolución desta web que naceu no 1998, a iniciativa de Control+P Informática & Comunicaciones, unha tenda asentada en Ourense dende hai dez anos.

O desenvolvemento da web foi lento ó principio, tendo a función de escaparate da tenda física, polo que obtiña poucos beneficios. A finais do 2001 a situación cambia considerablemente, producíndose un aumento das vendas gracias á publicidade da web, e a través da propia páxina. Así, controlp.com supón un 10% da facturación total (300.000 euros) e os seus responsables esperan que, no plazo dun ano, chegue a supoñer ata o 20% da mesma.

A páxina web desta empresa ampliou os seus ámbitos de mercado. De comerciar en Galicia cando só existía a tenda física, agora vende a toda España. Debido ós beneficios xerados no último trimestre, os recursos dedicados á web aumentaron. É por isto que os seus responsables esperan contar cunha versión da web en portugués que chegue máis abaixo do Miño, abrindo un mercado que conta case con dez millóns de habitantes. Para iso, firmaron xa alianzas cunha empresa no norte de Portugal, que se encargará da loxística e da distribución nese novo mercado. Ademais, contan cunha base de datos de clientes portugueses que se podería ver ampliada logo da traducción da web ó seu idioma.

www.controlp.com


 
Revista


[Anterior - Tenda virtual]

[Seguinte - Web corporativa]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión