Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio01 | Observatorio    


Galicia, o camiño a percorrer

Galicia e as súas PEMES teñen aínda un longo camiño por percorrer ata acadar os niveis de aproveitamento das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) e comercio electrónico do que gozan países europeos máis avanzados, como o Reino Unido, Suecia, Alemaña ou Francia. Un recente estudio do Observatorio do Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia así o amosa.

A extensión da Sociedade da Información e as posibilidades que ofrece Internet e o comercio electrónico son elementos fundamentais que Galicia debe aproveitar para mellorar o seu posicionamento económico e a súa plena integración no mercado internacional. Sen embargo, as diferencias que existen actualmente entre Galicia e os países europeos máis avanzados (a chamada “fenda dixital”) amosan un desequilibrio que a nosa comunidade precisa corrixir.
O estudio que agora publica o Centro de de Competencias en Comercio Electrónico de Galicia, e que foi elaborado polo seu Observatorio (empregando as
fontes sinaladas nos gráficos), reflicte o desnivel da nosa comunidade en xeral e das PEMES en concreto en comparación con outros países europeos punteiros en aproveitamento de novas tecnoloxías, como son Suecia, Gran Bretaña, Alemaña e Francia.

Este estudio presenta os “indicadores de desenvolvemento en TIC e comercio electrónico nas PEMES”, e tamén analiza datos máis xerais sobre o uso de Internet entre a poboación, que nos serven de punto de partida. O desglose destes datos achega a información necesaria para decatarse do camiño que lle queda por percorrer a Galicia no tocante a omercio electrónico e aproveitamento das novas tecnoloxías, co que mellorar a rendibilidade dun negocio tradicional.
Para reflectir mellor a realidade das PEMES en Galicia, o estudio conta coa axuda doutros observatorios galegos, que dan unha complementariedade nos seus ámbitos de estudio. A mellora conxunta das observacións feitas en Galicia é un proceso que debe continuar progresando coa colaboración de tódolos axentes implicados. Nese camiño, os traballos do observatorio continuarán a desenvolverse para perfeccionar o seu alcance, tanto cuantitativa como cualitativamente.


 
Revista


[Anterior - Galicia rendibiliza o negocio na Rede]

[Seguinte - Datos: Galicia e Europa]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión