Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio01 | Iniciativas    


Galicia rendibiliza o negocio na Rede

A nosa comunidade conta con numerosas empresas que decidiron lanzarse a facer negocios en Internet. Na revista “é-Negocio Galicia” daremos a coñecer os sultados dos esforzos das nosas PEMES.




Andel Virtual: o libro galego véndese fóra de Galicia

Andel Virtual, a primeira librería virtual galega, nace en 1997 co obxectivo de xuntar unha base de datos bibliográfica de toda a producción editorial galega viva. Esta librería virtual galega ofrece un catálogo en liña sobre as novidades editoriais (libros de todos os xéneros e cds). Dous anos despois do nacemento da tenda online, no Nadal de 1999, esta librería abriu a súa tenda física en Vigo, aproveitando as sinerxias xeradas entre as dúas canles e consolidando a súa imaxe de marca. Posuír unha tenda física permitiulle a Andel dar máis confianza ós seus clientes e aumentar as vendas. Ademais dos beneficios económicos, a web de Andel Virtual proporciona a imaxe corporativa e promocional necesaria para localizar novos mercados por todo o mundo e consolidar os actuais.

Os clientes de andelvirtual.com sonmaioritariamente de fóra de Galicia e, aínda que nos últimos tempos aumentaron os clientes autóctonos, o volume de vendas con destino ó exterior é o dobre do que se queda en Galicia.

www.andelvirtual.com

O Portal B2B con máis "capturas" da Rede: pesca2.com

O portal [?] de B2B pesca2.com xurde cunha única meta: unificar o sector pesqueiro, tanto extractivo como de transformación, e a súa industria auxiliar nun só portal [?]. Nos seus tres anos de percorrido vital, pesca2.com superou as súas expectativas, posto que se convertiu nun portal [?] punteiro en España do sector pesqueiro e acadou máis de 200 clientes. As ferramentas que este portal [?] vertical lle achega ás empresas pesqueiras son: información especializada actualizada diariamente e a posibilidade de promocionar os seus productos e servicios a través da Rede, axudándolles a incorporarse a un medio aínda descoñecido, como é Internet, a cambio dun pequeno investimento. Segundo Alejandro Estévez, director de pesca2.com, a base do seu éxito “foi ir da man do sector, e non por diante del, entendendo as súas dúbidas e axudándolle sempre".

www.pesca2.com

moreira-cia.com: un baño virtual de 24 horas

A creación da web de Moreira&cía, empresa de equipamento para baños, responde á idea de ofrecer, tanto ós clientes como ós visitantes, unha tenda dispoñible a calquera hora  do día ou da noite, accesible dende calquera lugar e continuamente actualizada. Aínda  ue os clientes vía Internet tardaron en ser asiduos da web, segundo explica Ajandro-Vázquez Palacios, responsable de Marketing, "o goteo xa empezou a ser habitual hoxe cremos firmemente na tenda para determinados productos". A estratexia de comunicación plantexada por Moreira&cía a longo prazo, tivo como obxectivo dar a coñecer a web ó cliente dende o momento que entra nunha tenda física, coa fin de conectar con el e que visite a web despois da visita á tenda física. O cliente, aínda que nun principio non pense en mercar pola Rede, ve a páxina web -dun coidado deseño e desenvolvida pola empresa galega Aaccentia- actualizada e vai repetindo a visita [?] con frecuencia. As expectativas de partida eran poucas, pero isto non foi un obstáculo para poñer a andar a tenda virtual, que está dando os seus froitos, sobre todo en forma de petición de presupostos vía Internet.

Doutra banda, a web cumpre a función de catálogo permanentemente actualizado, isto é, os vendedores de Moreira empregan habitualmente a propia páxina web para amosarlle os productos ós seus clientes nas tendas físicas. Ademais, Moreira ten os pedidos automatizados directamente a través do departamento de marketing.

www.moreira-cia.com


 
Revista


[Anterior - Editorial]

[Seguinte - Galicia, o camiño a percorrer ]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión