|
Revisar o funcionamento e as posibilidades que ofrece un negocio electrónico ó comprador (B2C) pode determinar o seu éxito. A clave: o cliente é o rei.
Crear a páxina web da nosa empresa para facer comercio electrónico co consumidor final é aalgo máis que expoñer o noso catálogo de productos na Rede.Compre ter moi presente que, como clientes, gústanos ter unha garantía sobre a seriedade do noso vendedor e sobre os productos. Moitas empresas deciden comezar procesos de negocio electrónico que, en principio, contan con tódolos elementos para ter éxito e reportar beneficios á súa empresa. Sen embargo, en moitas ocasións o éxito non ven da man dun deseño espectacular ou un amplo católogo de productos. Coidar detalles sinxelos, pero á vez básicos, é determinante para que un cliente deposite a súa confianza nunha tenda de comercio electrónico. A continuación enumeramos oito claves fundamentais para conseguir que unha páxina web funcione satisfactoriamente de cara ó cliente.
OITO CLAVES DO COMERCIO ELECTRÓNICO (B2C)
1. Contacto e identificación da empresa A nosa páxina ten que conter toda a información necesaria para que o consumidor poida poñerse en contacto connosco ante calquera dúbida. Saber que hai alguén o outro lado da liña telefónica dalle ó cliente a confianza necesaria para realizar a compra. Para isto precisamos facilitarlle un e-mail e un teléfono de contacto.
2. Fixar o prezo Polas súas características, a venda a través da Rede conleva uns gastos adicionais como son os do IVE, o seguro ou o envío (loxística). No prezo do producto debemos detallar de xeito claro e sinxelo cal será para o consumidor o custe destes gastos.
3. Forma de pago Cómpre analizar ben a forma de pago óptima que debemos suxerirlle na nosa páxina ó cliente. O contrarreembolso, o ingreso no noso número de conta, o xiro, etc. son distintas modalidades de pago que debemos sopesar de acordo coas características do noso producto.
4. Entrega Temos que facilitarlle ó cliente toda a información necesaria sobre os prazos de entrega, de acordo coas características do producto, o informar ó cliente da posibilidade de evolución ou cambio (se existe). A indicación desta posibilidade é unha garantía de éxito para a compra.
6. Garantías Naqueles productos que precisen de garantía ou asistencia posterior á compra, como electrodomésticos, débese transmitir de xeito claro ó cliente a existencia da garantía.
7. Queixas Un enderezo ou teléfono ó que o cliente poida dirixir as súas queixas é sempre fundamental. Ademais de transmitir unha imaxe de seriedade, contribúe á mellora do noso servicio.
8. Seguridade da páxina Debemos asegurarnos de que a nosa páxina cumpre as normas de seguridade, con mecanismos que garanten que os datos persoais e financeiros dos clientes permanezan seguros. Asimesmo, de cara ó comprador temos que asegurarlle a total confidencialidade dos datos que nos facilite.
|