Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio01 | Emarketing3    


Información empresarial na Rede: axilice as súas buscas

Na Rede existen numerosas páxinas web con contidos de alto interese e utilidade empresarial, pero buscalas pode resultar frustrante se non empregamos os medios axeitados. Nesta reportaxe ofrecémos algúns puntos de partida para acceder a esta información e buscar oportunidades de negocio, aforrando tempo e cartos nas tarefas de busca.

Cada busca de información é diferente e, polo tanto, esixe estratexias diferentes. Tamén o tempo que estamos dispostos a investir varía en cada caso. Polo xeral, á hora de poñernos a buscar información para a nosa empresa ou oportunidades de negocio, o primeiro que facemos é recorrer a un buscador. Sen embargo, existen outras ferramentas de utilidade e, dependendo do que queiramos atopar, poden ser máis eficaces. Velaquí algúns exemplos.

1. COMEZAMOS A BUSCAR

Os buscadores automáticos empregan programas de ordenador que percorren a web almacenando a información nunha base de datos. Basicamente, podemos falar de buscadores puros, (www.google.com), nos que introducimos as palabras clave que nos interesan e rastrean a web na procura de enderezos, e directorios, (www.yahoo.es), que organizan o seu contido en áreas xerais e subtemas nos que vamos ingresando xerarquicamente. Os portais [?] horizontais, (www.excite.com) ofrecen varios servicios como buscador, servicio de correo gratuito, servicio de noticias, foro [?] e tenda, mentres que os verticais, (www.verticalia.com, www.tradeworlds. com: comunidades de portais [?] de empresas sectoriais) conteñen información de productos e servicios específicos dunha soa actividade.

Ademais, podemos falar de buscadores intelixentes, máis selectivos e que tratan de resolver o problema da excesiva información (www.ask.com), e multibuscadores ( www.buscopio.com, www.searchenginewatch.com), que conteñen enlaces a buscadores e directorios de Internet organizados por temas ou rexións.

2. SEGUIMOS BUSCANDO

Ademais dos métodos de busca xeralistas, necesitaremos recorrer a outras fontes máis especializadas. Para buscar en bases de datos, podemos axudarnos de ww.invisibleweb.com, ou mesmo dun buscador como Google (engadindo "base de datos" ó tema que busquemos). www.paginas-amarillas.es e www.guiastematicas.com son tamén exemplos de fontes con información de empresas. Existe a opción de contratar servicios de buscas de pago, que presentan un informe da documentación que encarguemos (www.northernlight.com). Noutra categoría atópanse os axentes de busca, que traballan sen a presencia do usuario, informándoo periodicamente das súas buscas. Avisan e informan cando cambian as webs que lles indicamos (www.pointcast.com, por exemplo, constrúe un xornal á medida coas noticias que lle ordenemos, aínda que para isto tamén atoparemos axencias especializadas de noticias).

Ademais, seranos útil para as compras da nosa empresa utilizar comparadores de prezos que rastrean as tendas virtuais buscando o producto máis barato (www.kelkoo.com).

3. OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

OS CENTRO DE COMERCIO (Trade Points)
Un trade point ou centro de comercio é un espacio na Rede onde a diario se publican oportunidades de negocio e ofertas de exportación e demandas de importación provintes de todo o mundo, que foron lanzadas a través da rede da UNCTAD (Conferencia das Nacións Unidas sobre Comercio e Desenvolvemento). Estes centros informan sobre as ofertas de exportación e as demandas de importación que circulan pola rede da UNCTAD, que inclúe máis de 170 centros de comercio. En España existen catro.

Algúns enderezos de referencia son:
  • www.wtpfed.org: web da Federación Mundial de Centros de Comercio (World Trade Point Federation).
  • www.europages.com: Guía Europea dos Negocios, tipo B2B.
  • mkaccdb.eu.int: (Market Acces Database): web da UE para importacións por país.
  • www.spain2b.com é o Centro de Comercio Administrador da base de Datos de Ofertas e Demandas da Federación Mundial de Trade Points.


 
Revista


[Anterior - Centros de Competencias en Europa]

[Seguinte - ¿B2B ou B2C?]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión