Medra o interese en Europa polos Centros de Competencias en Comercio Electrónico
O Centro Tecnolóxico da Universidade de Kaunas, en Lituania, e a Deputación de Huelva amosaron recentemente o seu interese polos Centros de Competencias en Comercio Electrónico, que naceron en Galicia, Polonia e Chipre a raíz do proxecto e-MINDER. A través dunhas xornadas organizadas na República Checa, nas que se presentou o proxecto e-MINDER, o Centro Tecnolóxico da Universidade de Kaunas e a Deputación de Huelva souberon da existencia dos Centros de Competencias en Comercio Electrónico, o que lles deu pé poñerse en contacto cos responsables do proxecto europeo para obter máis información sobre a posta en funcionamento destes Centros.
Pomerania (Polonia) promociona o seu Centro de Competencias
A rexión de Pomerania, en Polonia, é outra das rexións europeas onde se está a desenvolver un Centro de Competencias en Comercio Electrónico, apoiándose no proxecto europeo e-MINDER. No mes de marzo, o Centro de Competencias de Comercio Eléctronico de Pomerania desenvolveu dous seminarios, unhas xornadas de conferencias e participou nun foro [?] económico, todo iso encamiñado á divulgación das novas tecnoloxías e o comercio electrónico na súa rexión.
O Centro de Chipre, amplamente respaldado na súa presentación.
A Universidade de Chipre, CYTA (Cyprus Telecommunication Authority) e Virtual IT presentaron recentemente o proxecto e-MINDER, do que xurdirá o Centro de Competencias en Comercio Electrónico de Chipre nunha conferencia de prensa celebrada en Nicosia. O acto, presentado polo ministro grego de Comunicacións e Traballo, serviu para definir os obxectivos e expectativas desta iniciativa.
|