Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio00 | Foro    


Foro si-Galicia: cara á Sociedade da Información

Os continuos avances nas tecnoloxías da información xunto á reestructuración dos intercambios comerciais e a implantación  do Euro fan que o marco tradicional no que operan e compiten as empresas precise dun cambio radical. A incorporación da sociedade galega ós novos avances e a desconfianza por parte das empresas do so de Internet como ferramenta estratéxica para ampliar os seus
mercados deron pé á creación do Foro [?] si-Galicia, que impulsará accións para fomentar a participación de Galicia na Sociedade da Información  e a implantación do comercio electrónico.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de I+D, deu paso ó Foro [?] para a Extensión da  Sociedade da Información e o Comercio Electrónico, máis coñecido como o Foro [?] si-Galicia.
En xullo de 2001 celebrouse a primeira sesión de traballo, que puxo en marcha os parámetros que agora guían as actividades do Foro [?].

MEMBROS

O Foro [?] si-Galicia está composto por entidades públicas e privadas, así como pola Administración. Os membros do Foro [?] inclúen á Xunta de Galicia, ás Universidades galegas, Caixa Galicia, Caixanova, o Consorcio da Zona Franca de Vigo, a Confederación de Empresarios de Galicia, as Cámaras de Comercio, a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia e as operadoras de comunicacións: Comunitel, Ignite, Jazztel, R, Retevisión, Telefónica, UNI2 e Vodafone.
A intención coa que nace o Foro [?] é a de coordinar as actuacións para a entrada plena de Galicia na Sociedade da Información e no comercio electrónico.
Unha serie de coordenadas, detalladas nos propios estatutos do Foro [?], subxacen a este obxectivo xeral:
  • Constituír un foro [?] aberto que coordine e promova a entrada na Sociedade da Información e a implantación do comercio electrónico en Galicia.
  • Promover e proporcionar soporte ás iniciativas que aposten polo comercio electrónico na nosa comunidade.
  • Fomentar un lugar común para compartir iniciativas e plans de actividades que programen accións naquelas áreas máis necesitadas.
Durante tres anos, o Foro [?] apoiará e promoverá diversas iniciativas que beneficien a tódolos asinantes e non afecten á libre competencia.

ESTRUCTURA

A estructura organizativa do Foro [?] está composta por:  

A Comisión Plenaria, que ten como misión principal representar ó Foro [?] e xestionar a admisión de novos membros.

O Comité Executivo, que coordina os grupos de traballo e a execución das accións destes grupos de traballo.

Os grupos de traballo establecidos son os seguintes:

a) Infraestructuras: analizarase e promoverase a implantación de infraestructuras que axilicen emelloren as condicións técnico-económicas para a incorporación da Rede á dinámica social de Galicia.

b) Innovación e proxectos: proporá accións concretas e proxectos innovadores en Galicia, así como a creación dun entorno propicio para que se desenvolvan estes proxectos.

c) Observación: as actividades de observación están encamiñadas a establecer a evolución da implantación e uso das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) en Galicia, España e no resto de Europa. Ademais, atenderá á evolución das liñas tecnolóxicas máis significativas, así como ás leis, normas e estándares relacionados coa aplicación das TIC.

d) Sensibilización e Difusión:  a súa tarefa é a de sensibilizar á sociedade en xeral e a sectores empresariais sobre a importancia de entrar na Sociedade da Información.

e) Educación e Formación: deseñará actividades para proporcionar á sociedade e ás empresas coñecementos útiles sobre a aplicación e o uso das TIC.

 
Revista


[Anterior - Soporte]

[Seguinte - Galnix, o punto neutro de Internet]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión