Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
     
Inicio | RevistaEnegocio00 | ComercioElectronico    


¿Que é o Comercio Electrónico?

Moitas veces, escoitamos o termo "comercio eléctronico" empregado con diferentes acepcións e para referirse a diversas formas de negocio. Sen embargo, o termo non sempre está ben empregado. Disto trata a presente reportaxe: do que é e do que non é o comercio electronico, a través dunha análise das súas características e dunha ollada ás vantaxes que aporta ós negocios empresariais.

O termo “comercio electrónico” é amplo e presenta  varias definicións, máis ou menos técnicas, debido a que esta nova canle de venda evoluciona día a día. Pero,
deixando de lado a parte técnica, pódese definir comercio electrónico como “calquera forma de  transacción ou intercambio de información comercial baseada na transmisión de datos mediante redes de comunicación abertas, como Internet” (estudio de situación do comercio electrónico en España realizado para a Secretaría Xeral de Comunicacións do Ministerio de Fomento). Este concepto de comercio-e non inclúe só  a compra e venda electrónica de bens, información ou servicios, senón tamén o uso de Internet para actividades anteriores ou posteriores á venda, como é a publicidade, busca de información sobre productos, a negociación entre o comprador e o vendedor, a atención  ó cliente, a loxística, a colaboración entre empresas, etc. Pola súa banda, a OCDE (Organization for Co-operation and Development) define o comercio electrónico como “o proceso electrónico previo, a negociación, o funcionamiento e o proceso posterior das transaccións de negocio entre os suxeitos comerciais”. Esta  definición baséase en tres factores importantes, que xuntos axudan a distinguir o comercio electrónico doutras formas de transaccións comerciais: o factor  tecnolóxico, o proceso e a participación.

REQUISITOS

Cómpre sinalar que o comercio electrónico, entendido como mercado, non se limita ó concepto de compra e venda de productos on-line, é dicir, ademais de clientes, unha empresa pode atopar na Rede compoñentes similares ós do mercado tradicional, como os participantes (empresas, provedores, intermediarios, tendas e consumidores), os productos e os procesos (abastecemento, producción, marketing, distribución, consumo, etc.).
A diferencia básica entre o comercio electrónico e o tradicional é que estes compoñentes ou, cando menos, un deles, son dixitais, virtuais ou online, e provocan cambios dende a producción ó consumo,  afectando ós procesos das empresas e da sociedade. Os efectos sobre os procesos son, se cadra, a clave da revolución que supón o comercio electrónico.

ELEMENTOS

Para falar de comercio electrónico, unha empresa  debe contemplar os seguintes elementos:
  • O producto.
  • Unha solicitude electrónica.
  • Un departamento de asistencia e soporte ó cliente e ó provedor.
  • Garantía dos productos.

NA PRÁCTICA

Imaxinemos que temos unha empresa que dispón dunha web con información das características, prezos, formas de pago, etc. dos seus productos e, ademais, admite a través dun formulario a posibilidade de realizar pedidos vía e-mail. Por unha banda, é fácil ver que esta empresa está  a facer “comercio”, xa que realiza transaccións con  clientes e, por outra, utiliza medios electrónicos para facer transaccións. Daquela, podemos dicir que a empresa realiza comercio electrónico

PASOS

Sen embargo, este modelo básico de comercio-e non aproveita plenamente as vantaxes que lle ofrece o medio. Existen solucións tecnolóxicas sinxelas que permiten mellora-la eficiencia do proceso de xestión. Falamos, por exemplo, dunha operación xenérica que podería seguir os seguintes pasos:

1. Un cliente accede á web da empresa e introduce datos referentes ó seu pedido nunha aplicación avanzada de comercio electrónico.

2. A aplicación de xestión de pedidos conéctase coa base de datos do almacén para examinar o número de unidades de producto dispoñibles. Se non hai suficientes productos, a aplicación xeraría un pedido electrónico que se incorporaría na aplicación de pedidos ó provedor (este paso dependerá da proceso que teña implantado a empresa).

3. Unha vez verificada a dispoñibilidade de existencias do producto, a aplicación xera un documento  electrónico para as correspondentes accións contables e de facturación.

4. Iníciase o proceso de cobro a través da pasarela da entidade financeira que teña contratada.

5. Un novo documento electrónico con datos referentes á orixe e ó destino da mercadoría será producido para o correspondente transporte.

Incorporando estas novas ferramentas tecnolóxicas dexestión empresarial o proceso é menos custoso, máis rápido e hai menos probabilidade de errar. En definitiva, a empresa gaña en eficiencia e amplía a súa competitividade.

 
Revista


[Anterior - Galnix, o punto neutro ]

[Seguinte - Comercio B2B e B2C]

 

     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión