Resultados do proxecto e-MINDER na Final Conference
|
|
Os resultados do proxecto e-MINDER foron presentados oficialmente durante a Xornada "Local and Regional eGovernment services to Local Business" ("Servicios locais e rexionais da Administración electrónica dirixidos ó comercio local"), que tivo lugar en Bélxica o pasado 17 de xullo.
Os contidos desta conferencia versaron sobre a Administración electrónica e as súas relacións co comercio, abordando esta temática non só dende a práctica interna dos departamentos de goberno, senón tamén a través do comercio local e rexional de cada comunidade e as súas redes de apoio.
Os OBXECTIVOS da Final Conference foron: - Recoñecer os cambios que están tendo lugar en Europa - Identificar os desafíos que supoñen estes cambios para o goberno e o comercio - Definir as solucións prácticas que apoiarán a transformación das relacións entre o goberno e o comercio.
As intervencións dos socios europeos do proxecto (Galicia, Chipre e Pomerania -Polonia-) tomaron como punto de referencia a recente investigación e a experiencia práctica que se acadou coa implementación de procesos de comercio electrónico nos seus contextos rexionais e locais, co apoio do goberno e doutras redes xa existentes. A fin de facilitar o avance nesta área, a conferencia tratou de fomentar o debate constructivo en todo momento.
Lugar: Palacio Da Residencia, Room POLAK. Rue de la Loi, 155. 1040 Bruselas (17 de xullo)
www.eminderproject.com
|
|
|
|
Proxecto
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|