|
|
|
Information Society Technologies. V programa marco da Unión Europea. (Setembro 2001- Setembro 2003)
O proxecto europeo e-MINDER (www.eminderproject.com) naceu para fomentar e axudar ó desenvolvemento do comercio electrónico e das novas tecnoloxías entre as PEMES (pequenas e medianas empresas). Para iso, creouse unha Rede Europea Rexional de Centros de Competencias, que se activa cos Centros de Galicia, Pomerania (Polonia - www.eminder.pl) e Chipre (www.e-minder.com.cy). As tres rexións teñen características comúns: un nivel pouco desenvolvido en canto ó uso e aplicación das TIC (Tecnoloxías da Información e das Comunicacións), as PEMES como modelo de empresa predominante e unha localización xeográfica periférica.
Obxectivos básicos do proxecto e-MINDER: - Apoiar a introducción das PEMES nos procesos de negocio electrónico establecendo centros de competencias en cada rexión participante.
- Ofrecer coñecemento útil e obxectivo sobre novas tecnoloxías ás PEMES, de xeito que poidan integralo nos seus procesos de negocio.
- Difundir as actividades dos centros e sincronizalos con outros centros que tiveron resultados positivos.
- Ó remate do proxecto, os centros elaborarán un manual de referencia para futuros centros de competencias.
Este proxecto contou cun presuposto de 4.345.318 euros, dos cales 1.670.813 foron destinados á comunidade galega.
O proxecto chegou ó seu remate en setembro de 2003 e os resultados foron presentados na Final Conference, que tivo lugar o pasado 17 de xullo deste ano en Bruselas. Máis información: www.e-negociogalicia.com
|
|
|
|
Proxecto
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|