Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
Inicio | Observatorio | InformesEBarometro2003_I | Empresas2003    


e-Barómetro: empresas e comercio-e no 2003

O novo informe e-Barómetro correspondente ó ano 2003 achéganos datos recentes que reflicten a situación das PEMES galegas en relación a Internet e o comercio electrónico. Os datos relativos á penetración de PCs e acceso a Internet son positivos: máis dun 95% das empresas dispón de ordenador, e o 83,1% están conectadas á Rede, malia o estancamento de usuarios que anunciou o Estudio Xeral de Medios (EGM) a finais do 2002.
Sen embargo, as cifras varían cando falamos de presencia en Internet: o 37,2% teñen páxina web, o 9,3% realizan comercio electrónico B2C (dirixido ó cliente final) e o 6,8% B2B (dirixido a outras empresas).

O 13,3% das PEMES galegas realiza comercio electrónico

O 13,3 por cento das empresas galegas enquisadas neste informe realiza transaccións a través da Rede, incluíndo neste grupo ás que realizan B2B, B2C ou ámbolos dous. O comercio electrónico posicionouse nas empresas 1,3 puntos por riba dos datos que o e-Barómetro presentaba o ano pasado, cando só o 12% das empresas galegas vendían en Internet.
A subida do comercio electrónico este ano débese especialmente ó pequeno pulo experimentado polo negocio cara ó consumidor final (B2C), como veremos.



 
Observatorio


[Empresas e comercio-e no 2003]

[O B2C un punto por riba do ano pasado]

[B2C: Catálogo e a pasarela de pago]

[O B2B medra con respecto ó 2002]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión