|
Ordenadores no fogar
Un 37,10% dos fogares galegos contan con ordenador persoal (Pc), o que supón un 2,10% máis que o pasado ano 2001. Aínda así, Galicia segue por debaixo da media europea en canto a penetración de ordenadores no fogar, que no 2001 acadaba o 45%, segundo datos do ECaTT 2000. En comparación con Alemaña, un dos países máis desenvolvidos en canto a TIC en Europa, a distancia aínda é maior: alí o 53% dos fogares teñen Pc.
 |
| Penetración de PC's |
¿Por qué non mercar ordenador?
Ó preguntar ós enquisados que non teñen Pc (o 62,9%) cal é a razón pola que non o mercan, o 60,9% respondeu que non o precisa, o que da unha idea da falta de información e adaptación ás novas tecnoloxías que existe na nosa comunidade. O 31% restante esgrime como razón que non sabe utilizalo. Este grande descoñecemento pon de manifesto a necesidade dunha sensibilización permanente sobre as novas tecnoloxías no noso país.
 |
| Causas polas que non ten ordenador |
|
|
|
|
Observatorio
|
|
| |
|
|
|
|
| |
|
|
|