Inicio Centro | Cooperación | Proxecto | Observatorio | Soporte | Formación | Comunicación | Novas | Revista | Mapa | Buscar
 
Inicio | Observatorio | InformesEBarometro2002_III | MetodoConexion    


Tarifa plana e métodos de conexión


¿Posúe tarifa plana?
¿Posúe tarifa plana?

Máis da metade dos galegos escollen a "tarifa plana"

Un 57,10% dos galegos con conexión á Rede dende o seu fogar posúe  tarifa plana , é dicir, paga unha cota mensual fixa, independentemente do seu tempo de conexión. Na meirande parte dos países desenvolvidos de Europa, a conexión a Internet é máis barata que en España, e nela vén implícito o concepto de  tarifa plana , xa que non existe a posibilidade de pagar por cada conexión que se realiza.


O módem, primeiro método de conexión

A maioría dos galegos conectados á Rede escollen o módem [?] analóxico (64,6%) como primeira forma de acceso, ó igual que a maioría dos europeos: a media europea é un 72%. Tamén en Alemaña, un dos países europeos máis avanzados é o método preferido (58%), seguido do RDSI [?] (45%). O ADSL [?] é o seguinte medio de conexión máis utilizado en Galicia: supón o 13,5%, mentres que pola contra en Europa o segundo método máis escollido é o RDSI [?] (16%). A forma que menos empregan os internautas galegos para conectarse á Rede é o teléfono móbil (4%), coincidindo coa media europea, a diferencia dos alemáns (17%), que o que menos usan é o cable [?] (9%). No noso país, o cable [?] supón a forma de conexión utilizada polo 5,5% dos internautas, mentres que en Europa escóllena o 10%. Por último, un 7,5% das conexións a Internet en Galicia decántanse polo RDSI [?], así como o 16% dos europeos e o 45% dos alemáns.


¿Como se conecta a Internet?
¿Como se conecta a Internet?

 
Observatorio


[Datos do informe]

[Ordenadores no fogar]

[A Conexión a Internet]

[Métodos de conexión]



     

Cooperación | info@e-negociogalicia.com | A Súa Opinión